Realidade Virtual para a formación en operacións de risco

Que é?

 
A Realidade Virtual permite crear dixitalmente mundos virtuais por medio do ordenador cunha aparencia de realidade, o que posibilita ao usuario ter a sensación de estar inmerso. A sensación de presenza conséguese proporcionando información adecuada aos nosos sentidos (vista, oído, etc.)

Para nós é importante poder virtualizar determinadas operacións en campo repetitivas e de risco, xa que serve de axuda na formación dos operarios para enfrontarse a estas situacións sen poñer en perigo a súa vida e para que sexan capaces de reaccionar ante situacións complexas.

Neste sentido, seleccionamos operacións en tres ámbitos distintos para realizar unha primeira aproximación:

 Distribución de gas. Operación nunha planta de Gas Natural Licuado (GNL) de descarga con bomba e sen bomba

 Distribución de electricidadeConexión e desconexión dun grupo electróxeno en centros de Baixa Tensión (BT)
 Servizos compartidos. Operación de cambio de contador de gas

Por que agora?

  • Negocio e compañía

    Impulso da transformación dixital  Acelerador de innovación
     
    Novos ingresos e cambio da forma de traballar
      previsión de 150.000 M$ de ingresos en 2020
     
    Aparición dunha industria focalizada neste sector
  • Madureza Tech

    Crecemento no número de dispositivos e solucións dispoñibles.
     
     Gas/Cascos RV/RA
     
     Homemade kits: ARKit,carboard VR, etc.


     

Tipos de Realidade Virtual

 
Inmersiva Semiinmersiva Non inmersiva
Simular fisicamente a presenza do usuario nun contorno:
 
Virtual ou imaxinario
Con espazos físicos ou contornos multiproxectos
Xerando imaxes realistas, sons e outras sensacións
Sensores: xiróscopos de movemento, etc.
Pantallas estereoscópicas
Alta capacidade de procesamento
Soporte lóxico específico para a simulación
Maduros: HTC Vibe, Oculus, etc.
Evolución cara aos novos sensores

Como instalar un contador?

  • Obxectivos

    Novos modelos de formación
    Aplicar Realidade Virtual nos procesos de formación implicará un cambio na percepción do usuario, ao ser esta moito máis inmersiva que a formación tradicional. Para que a formación destes operadores sexa efectiva, é necesario que a virtualización dos escenarios sexa o máis realista posible.
    Seguridade no traballo

    A integración dos diferentes riscos no desenvolvemento das operacións é imprescindible. Deste xeito, os operarios poderán reaccionar ante as adversidades que se presenten nestas operacións frecuentes e tamén poderán adestrar os diferentes pasos que se levan a cabo nelas.

    Transformación dixital

    Con estes tres pilotos preténdese avaliar a madureza tecnolóxica da realidade virtual, utilizar esta tecnoloxía como panca de innovación e avaliar a aceptación dos empregados e operadores da tecnoloxía. 


     
     

     
  • Vantaxes

     Dar formación e adestramento aos operarios de forma homoxénea e segura

     Crear contornos con condicións á medida

     Personalizar os produtos, coñecelos e posicionalos antes de compralos

     Dar unha experiencia de cliente única

     Impulsar a transformación dixital




 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.