• Notas de prensa(50)

    • 17-09-2018 Nota de prensa

      Naturgy lanza UFD, a nova marca para o seu negocio de distribución de gas en España

      CorporaciónNegocio electricidade

      Naturgy lanzou hoxe UFD, a nova marca para toda a actividade de distribución de electricidade en España e inicia unha nova etapa enfocada no desenvolvemento, tecnificación e dixitalización das súas redes eléctricas aplicando a innovación, como eixes principais do seu negocio de distribución de electricidade para mellorar a calidade de subministración e contribuír á evolución do conxunto do sistema eléctrico.
    • 13-09-2018 Nota de prensa

      Naturgy obtén o liderado mundial no sector gas utilities do índice de sustentabilidade Dow Jones Sustainability Index

      Corporación Medio ambiente e sostibilidade
       
      Naturgy obtén o liderado mundial no sector Gas Utilities do Dow Jones Sustainability Index (DJSI), que inclúe as compañías do mundo con mellores prácticas en sustentabilidade. A compañía enerxética mantén a súa permanencia neste índice por decimo cuarto ano consecutivo e, unha vez máis, foi seleccionada tamén para a súa variante europea, o DJSI Europe.
    • 11-09-2018 Nota de prensa

      Naturgy multiplica por tres a súa presenza en Australia coa adxudicación dun parque eólico de 180 MW de potencia

      CorporaciónMedio ambiente e sostibilidadeInternacional

      O Goberno de Victoria anunciou hoxe a adxudicación a Global Power Generation (GPG), sociedade participada de Naturgy Energy Group, SA e Kuwait Investment Authority (KIA), dun total de 180 MW de potencia de xeración nun proxecto eólico situado a aproximadamente 150 km da cidade de Melbourne.
    • 03-09-2018 Nota de prensa

      Feito relevante: Naturgy Energy Group SA

      CorporaciónInternacional
       
      Laudo CIADI ditado no procedemento de arbitraxe de protección de investimentos iniciado por Unión Fenosa Gas. A sociedade participada ao 50% por Naturgy UFG, propietaria da planta exipcia de Damietta, recibiu o favorable laudo arbitral do Centro Internacional de Arranxo de Diferenzas relativas a Investimentos (CIADI), institución dependente do Banco Mundial, que resolve así a demanda presentada en 2014.
    • 26-07-2018 Nota de prensa

      Naturgy pagará o 31 de xullo o seu primeiro dividendo a conta de 0,28 euros por acción comprometido no seu Plan Estratéxico 2018-2022

      CorporaciónEconómico financeiro

      Naturgy pagará o primeiro dividendo do Plan Estratéxico 2018-2022 a conta do exercicio 2018 de 0,28 euros por acción en efectivo o vindeiro 31 de xullo, tan só catro semanas despois de presentar a nova folla de ruta en Londres. Un plan deseñado para xerar valor e impulsar unha maior transparencia, eficiencia e simplicidade, o que redundará nun maior valor dos accionistas.
    • 18-07-2018 Nota de prensa

      Naturgy lidera o sector utilities do índice de sostibilidade FTSE4Good

      Corporación, Outros, Internacional
         

      Naturgy foi recoñecida polo índice FTSE4GOOD, como a empresa máis sostible do supersector utilities, que agrupa as empresas de gas, auga e multiutilities. Este índice, que forma parte do FTSE Global Equity index, recoñecido a nivel mundial, analiza máis de 2.000 empresas e avalía máis de 300 indicadores ambientais, sociais e de goberno corporativo.

    • 27-06-2018 Nota de prensa

      A Xunta de Naturgy aprobou os resultados do exercicio e avalou os cambios no Consello de Administración

      Corporación, Xunta Xeral de Accionistas

        
      O presidente executivo de Naturgy, Francisco Reynés, presidiu hoxe a súa primeira Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas da compañía, dende que foi nomeado o pasado mes de febreiro, e que tivo lugar hoxe en Madrid. Os accionistas da compañía aprobaron unha remuneración total, a cargo dos resultados de 2017, de 1.001 millóns de euros, tal e como recollía o seu anterior Plan Estratéxico.

    • 14-06-2018 Nota de prensa

      Gas Natural Fenosa fortalece a súa relación con Sonatrach ao estender os contratos de compra de gas alxeriano ata o ano 2030

      Corporación, Negocio gasInternacional

       
      GAS NATURAL FENOSA e SONATRACH (a compañía alxeriana Sociéte Nationale pour la Recherche, la Production, le Transport, la Transformation et la Commercialisation des Hydrocarbures, S.p.A) asinaron un acordo de renovación, con alcance ata o ano 2030, de subministracións de gas a España provenientes de Alxeria, que actualmente representan máis do 40% do aprovisionamento de GAS NATURAL FENOSA.

    • 30-05-2018 Nota de prensa

      Gas Natural Fenosa reorganiza os seus negocios en catro grandes áreas

      Corporación

      GAS NATURAL FENOSA definiu unha estrutura organizativa na que se reforzan as áreas de negocio e se simplifican tanto estas coma as corporativas. A nova xestión da compañía dota as unidades de negocio de plena responsabilidade no seu ámbito de actuación.

    • 18-05-2018 Nota de prensa

      O Consello de administración de Gas Natural Fenosa nomea conselleiros dominicais a Javier de Jaime, José Antonio Torre de Silva e Juan Arbide

      CorporaciónNomeamentos

      Unha vez executada a venda a RIOJA BIDCO SHAREHOLDINGS, S.L.U. das accións titularidade de REPSOL, S.A. en GAS NATURAL SDG, S.A., o Consello de administración da sociedade, na súa sesión que tivo lugar o día 17 de maio de 2018 acordou nomear conselleiros dominicais polo sistema de cooptación.
    • 10-05-2018 Nota de prensa

      Gas Natural Fenosa e InCom-UAB renovan o convenio para a décima edición do ‘Informe de la Comunicació a Catalunya’

      Corporación, Patrocinios

      O director xeral de Comunicación e Relacións Institucionais de Gas Natural Fenosa, Jordi Garcia Tabernero, e a reitora da Universitat Autònoma de Barcelona, Margarita Arboix Arzo, asinaron o acordo polo que a compañía enerxética se mantén como patrocinadora do Informe de la comunicació a Catalunya por décima edición consecutiva.
    • 26-04-2018 Nota de prensa

      O beneficio neto de Gas Natural Fenosa acadou os 320 millóns de euros, un 7,4% máis, e o Ebitda ascendeu a 1.053 millóns de euros ata marzo

      Corporación, Económico financeiro

       
      GAS NATURAL FENOSA alcanzou un beneficio neto de 320 millóns, un 7,4% máis que no mesmo período do ano anterior. O Ebitda foi de 1.053 millóns de euros entre xaneiro e marzo, o que supón un incremento do 2,7% respecto ao primeiro trimestre de 2017.

Non hai elementos que coincidan coa súa busca