• Últimas noticias(186)

    • 12-03-2019 Nota de prensa

      Paul Simons, IAE: “O Acordo de París requirirá esforzos significativos en eficiencia enerxética e enerxía renovable”

      España Fundación Naturgy
       
      O director executivo adxunto da Axencia Internacional da Enerxía (AIE), Paul Simons, participou hoxe no seminario “Transicións enerxéticas. Un reto mundial”, organizado pola Fundación Naturgy en Madrid, en cuxo acto de apertura participou o secretario de Estado de Enerxía, José Domínguez Abascal.
    • 11-03-2019 Nota de prensa

      Naturgy lanza un novo código visual para simplificar a comunicación cos seus clientes

      España Corporación

      Naturgy lanzou hoxe unha nova campaña dirixida a todos os públicos de interese co obxectivo de explicar o seu novo código visual para facer máis sinxela e áxil a comunicación cos seus clientes. A compañía enerxética simplifica así a comunicación cos consumidores e traslada os principais valores da marca: sinxeleza, innovación, experiencia e respecto á sociedade e á contorna.
    • 05-03-2019 Nota de prensa

      A Xunta de Naturgy aprobou os resultados do exercicio e avalou a xestión do equipo directivo no primeiro exercicio do seu novo Plan Estratéxico

      España, Corporación, Xunta Xeral de Accionistas

      O presidente executivo de Naturgy, Francisco Reynés, presidiu a Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas da compañía, que tivo lugar hoxe en Madrid, na que os accionistas aprobaron os resultados así como o informe de xestión da compañía correspondente ao exercicio 2018.
    • 27-02-2019 Nota de prensa

      Nedgia estuda en Valencia a viabilidade de producir gas renovable a partir da palla de arroz

      EspañaNedgia

      NEDGIA, a distribuidora de gas natural do grupo Naturgy, puxo en marcha unha proba piloto en Paterna (Valencia) para estudar a viabilidade de producir gas renovable a partir da palla de arroz mediante a tecnoloxía da dixestión anaerobia..
    • 22-02-2019 Nota de prensa

      Amber Case: “Na relación co cliente, non deberiamos ter unha solución dixital única para todo o mundo”

      España,  Fundación Naturgy

      A Fundación Naturgy realizou esta mañá na Casa de América, en Madrid, a primeira sesión do novo ciclo de conferencias talkson coa cyborg antropóloga Amber Case, que falou sobre ‘Calm technology e o futuro do sector enerxético’.
    • 21-02-2019 Nota de prensa

      A Fundación Naturgy e a Fundación Junior Achievement únense para que alumnos de secundaria aprendan a xestionar os recursos naturais de xeito responsable

      España Fundación Naturgy 

      Máis de 35 voluntarios da Fundación Naturgy formarán alumnos de segundo e terceiro de educación secundaria no marco dun novo programa educativo, “Xestionando a miña enerxía”, que se puxo en marcha en colaboración coa Fundación Junior Achievement.
    • 19-02-2019 Nota de prensa

      NEDGIA reúnese co director xeral de Enerxía da UE para analizar o papel do gas natural e o gas renovable na descarbonización

      Nedgia, Resto de Europa

      A conselleira delegada de NEDGIA, Nuria Rodríguez, participou en Bruxelas nunha reunión co director xeral de Enerxía da Unión Europea, Dominique Ristori, xunto aos conselleiros delegados das principais compañías distribuidoras de gas de Europa, Italgas, Distrigaz Sud Retele, Galp Gás Natural Distribuiçao e GRDF, para discutir como o gas natural e o gas renovable poden contribuír á descarbonización da economía europea.
    • 19-02-2019

      A Escola de Enerxía da Fundación Naturgy formou xa máis de 11.000 persoas en España

      España Fundación Naturgy  

      A Escola de Enerxía da Fundación Naturgy cumpre un ano e medio con máis de 11.000 persoas formadas, entre familias en situación de vulnerabilidade enerxética e técnicos de entidades do Terceiro Sector e da Administración en toda España.
    • 15-02-2019 Nota de prensa

      O presidente de Estremadura inaugura o primeiro parque eólico da rexión, construído por Naturgy

      España, Renovables 
         

      O presidente da Xunta de Estremadura, Guillermo Fernández, acompañado polo alcalde de Plasencia, Fernando Pizarro, e o director xeral de Gas e Electricidade de Naturgy, Manuel Fernández, inauguraron esta mañá o Parque Eólico Merengue, o primeiro que se constrúe na rexión estremeña.
    • 14-02-2019 Nota de prensa

      NEDGIA Galicia lleva el gas natural al municipio de Sada (A Coruña)

      EspañaNedgia
       
      NEDGIA Galicia ha realizado la conversión a gas natural de las instalaciones y equipos de propano de más de 2.000 clientes en la localidad de Sada (A Coruña). Gracias a esta transformación, cerca de 5.000 vecinos pueden tener acceso al gas natural, una energía más eficiente y respetuosa con el medio ambiente.
    • 13-02-2019 Nota de prensa

      Naturgy inaugura a maior planta solar fotovoltaica de Toledo

      España Renovables

      O investimento que realizou Naturgy neste proxecto alcanza os 33 millóns de euros e supuxo a creación duns 150 postos de traballo entre as fases de construción, operación e mantemento. Esta infraestrutura permitirá desprazar o uso doutras fontes de xeración eléctrica convencional.
    • 11-02-2019 Nota de prensa

      O Consorcio Europeo ECO-GATE lanza a marca ‘ECO-G’ como distintivo único para o gas natural na mobilidade

      Resto de Europa, Nedgia

      O Consorcio Europeo ECO-GATE, cofinanciado pola Unión Europea e liderado por NEDGIA, a distribuidora de gas do grupo Naturgy, presentou hoxe a marca ECO-G, que deseñou como distintivo único para renomear o gas natural vehicular.
Non hai elementos que coincidan coa súa busca