Gas Natural Fenosa activa unha campaña específica dirixida a desempregados e pensionistas para adherirse ao novo bono social - Naturgy - Sala de prensa

Gas Natural Fenosa activa unha campaña específica dirixida a desempregados e pensionistas para adherirse ao novo bono social

 

  • A compañía enerxética facilita, a través de xestións proactivas e personalizadas, que determinados colectivos poidan acollerse ao novo Bono Social.
  • GAS NATURAL FENOSA desenvolve un programa completo de difusión do novo bono, que inclúe accións directas cos clientes, comunicación coas administracións e asociacións de consumidores, ademais de xornadas presenciais en distintos municipios de España.
  • Os beneficiarios do Bono Social teñen ata o próximo día 10 de abril para adherirse á nova modalidade, tras o cambio normativo aprobado polo Goberno en outubro de 2017, no que se introduciron cambios nos criterios para acceder ao Bono Social.  

GAS NATURAL FENOSA activou unha serie de accións destinadas a facilitar entre os seus clientes a adhesión ao novo bono social, que entrou en vigor o pasado outubro e ao que poden acollerse ata o próximo 10 de abril. Así, e dentro do plan de actuación deseñado pola compañía enerxética, destacan as iniciativas dirixidas a determinados colectivos de especial sensibilidade, como os desempregados e pensionistas, para facilitar o seu rexistro no novo Bono Social.

Entre estas accións, figura dende o pasado 1 de marzo o contacto directo vía telefónica con estes dous colectivos, en concreto para explicar, de xeito personalizado, as condicións do novo Bono Social e como acceder, ao mesmo tempo que se recordan os beneficios e data límite de adhesión. “GAS NATURAL FENOSA traballa para facilitar toda a información necesaria aos seus clientes para que poidan adherirse ao novo Bono Social no prazo establecido explicando, de ti a ti, as vantaxes, trámites e as súas condicións. Unha compañía enerxética como a nosa ten a obriga de dar resposta ás inquietudes e necesidades dos seus clientes”, explicou Josep Codorniu, director de Servizo ao Cliente de GAS NATURAL FENOSA.

Tras o cambio normativo, que entrou en vigor en outubro de 2017, introducíronse modificacións nos criterios para ser beneficiario do novo Bono Social. A data límite de adhesión ao novo Bono, que non se renova automaticamente, é o próximo 10 de abril.

Difusión do novo Bono Social

Ademais destas accións, GAS NATURAL FENOSA puxo en marcha un paquete de iniciativas dirixidas a informar das novas condicións para que a información chegue do xeito máis axeitado a todos os públicos. Así, a compañía deseñou as accións en tres bloques dirixidos a clientes, administracións e asociacións, así como a sociedade en xeral.

Por unha banda, e dende esta semana, todos os clientes cunha subministración contratada inferior a 3 kW, e que xa contaban co Bono Social anteriormente, recibirán un correo electrónico ou unha mensaxe de texto informando da posibilidade de adherirse ao novo Bono Social. Ademais, a compañía empezou esta semana a enviar a todos os seus clientes acollidos ao bono, na súa anterior modalidade, cartas informativas e dípticos explicativos das novas condicións.

No caso das administracións e asociacións, GAS NATURAL FENOSA empezará a enviar, a partir desta semana, correos electrónicos específicos ás asociacións de consumidores e aos servizos sociais. A compañía enerxética tamén se dirixiu ás familias numerosas a través de comunicacións informativas á Federación Nacional de Familias Numerosas.

Así mesmo, e para reforzar estas accións, dende o pasado mes de febreiro e ata o mes de maio, a compañía desenvolverá un programa de charlas presenciais a consumidores en máis de 20 cidades españolas.

Podes consultar aquí as novas condicións: Bono Social.

Ámbito e tema: Clientes, España
 
Madrid, 14 de marzo de 2018 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.

argssite - CORP