A Cátedra de Enerxía e Pobreza da Universidad Pontificia Comillas comprométese no desenvolvemento da nova Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

A Cátedra de Enerxía e Pobreza da Universidad Pontificia Comillas comprométese no desenvolvemento da nova Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética

  • A Cátedra de Enerxía e Pobreza da Universidad Pontificia Comillas comprométese no desenvolvemento da nova Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética
  • Un novo seminario interdisciplinar da cátedra pon en común co Ministerio para a Transición Ecolóxica os retos que afronta España ante a vulnerabilidade enerxética de millóns de persoas.
A pobreza enerxética en España afecta de 3,5 a 8,1 millóns de persoas en función do indicador que se utilice. Este é un dos datos que recolle a recentemente aprobada Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética 2019-2024, sobre a que falou Alberto Barranco, vogal asesor do Gabinete do secretario de Estado de Enerxía do Ministerio para a Transición Ecolóxica, na segunda edición do Seminario Interdisciplinar da Cátedra de Enerxía e Pobreza da Universidad Pontificia Comillas.

No acto, que tivo lugar na sede de Naturgy en Madrid, Barranco destacou elementos relevantes do documento, como a achega dunha definición oficial de pobreza enerxética, un conxunto de indicadores para medila e uns obxectivos de redución desta situación na que viven millóns de persoas en España.

Barranco, que coordinou a elaboración e publicación da recente Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética, explicou que o cumprimento destes obxectivos pasa, segundo o documento, por catro eixes básicos de actuación: medir adecuadamente o problema, implantar medidas paliativas —como o bono enerxético universal—, poñer en marcha medidas estruturais para mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, a través da rehabilitación, e propoñer medidas de protección e información aos consumidores.

O director da Cátedra de Enerxía e Pobreza, o profesor Efraim Centeno, destacou que “a estratexia é un fito que inicia un camiño”, e se felicitou porque o éxito da súa recente publicación fora “o resultado dun proceso aberto e participativo, no que o Ministerio prestou especial atención ao traballo de síntese de achegas provenientes de socios e colaboradores que, dende hai meses, vén realizando a Cátedra de Enerxía e Pobreza”. Neste sentido, convidou os asistentes a seguir colaborando activamente para seguir facendo da Cátedra de Enerxía e Pobreza “un foro de consulta, apoio e contraste permanente para o correcto desenvolvemento da Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética en España”.

A directora xeral da Fundación Naturgy, María Eugenia Coronado, insistiu na necesidade de que “Administracións, entidades sociais e empresas traballemos cóbado con cóbado para avanzar en solucións reais nesta problemática que afrontamos como sociedade e que require de toda a nosa capacidade e compromiso”. Neste sentido, recordou que unha das liñas prioritarias de actuación da Fundación Naturgy é a rehabilitación exprés de fogares vulnerables, que o documento gobernamental de estratexia contra a pobreza enerxética pon como exemplo de boas prácticas.

Pola súa banda, o director xeral de Relacións Institucionais e Regulación de Endesa, José Casas, destacou a capacidade de aglutinar ideas e esforzos que este foro dinamizara, a cal ten unha plasmación moi real e efectiva nalgúns dos contidos do documento da Estratexia.

Rosalía Portela, subdirectora do Servizo Diocesano de Vivenda de Cáritas, destacou a falta de oferta pública de vivenda social, incidiu na necesidade de seguir informando, concienciando e formando as familias e os Servizos Sociais.

Tamén Pablo Navajo, director en funcións do Departamento de Estudos e Innovación Social de Cruz Vermella, fixo un chamamento ao sector da construción para actuar na mesma liña que o está a facer o sector enerxético ante o problema da vivenda.

No seminario participaron profesionais vinculados á Cátedra e procedentes de diversos ámbitos: dende entidades sociais, a representantes do mundo académico e empresarial. Todos eles coincidiron en que cada un dos axentes implicados na vulnerabilidade enerxética deben traballar xuntos, e xunto á Administración, para seguir avanzando na implantación de solucións á pobreza enerxética.

Ámbito e tema: España, Fundación Naturgy
 
Madrid, 22 de maio de 2019

rgpdactive true

argssite - CORP