Xestión de riscos

Modelo de xestión de riscos

 
O modelo de xestión de riscos de Naturgy busca garantir a capacidade de predición do desempeño da compañía en todos os aspectos relevantes para os seus grupos de interese.

Isto require establecer a tolerancia ao risco a través da fixación de límites para as categorías de risco máis relevantes. Con iso, a compañía pode anticiparse ás consecuencias da materialización de certos riscos, e ser percibida nos mercados como unha compañía sólida e estable, con todos os beneficios que iso implica.

Naturgy dispón dun marco que integra a visión de Goberno, Riscos e Cumprimento da compañía, o que posibilita unha visión integrada dos procesos do grupo, os controis existentes sobre estes e o risco asociado.

Categorías de risco

 
Cada unidade de negocio conta con información específica dos principais tipos de riscos que lle poden afectar. Con iso, preténdese facilitar o proceso de toma de decisións, o que, á súa vez, redunda de forma positiva na compañía, pois mellora a súa rendibilidade, a capacidade de predición no seu comportamento e a súa eficiencia.

O sistema abrangue fundamentalmente tres categorías de risco:

Risco de mercado

 
Risco de mercado, entendido como a incerteza relacionada cos prezos das materias primas, tipos de cambio e tipos de xuro, os cales poden incidir sobre os balances da compañía, os custos de aprovisionamento ou a capacidade de financiamento nos mercados de capitais. O foco da medición é dobre: de curto prazo, orientado á conta de resultados, e de longo prazo, orientado ao valor da compañía, xa que se incorpora a capacidade de xeración de recursos do activo e a súa estabilidade, a variabilidade da estrutura financeira esixible e a volatilidade de factores de desconto aplicables.

 
Tipo de risco
Descrición
Xestión
Métrica
Tendencia
 
Prezo de materias primas
 
Gas
 
Volatilidade nos mercados internacións que determinan o prezo do gas.
 
Coberturas físicas e financeiras. Xestión da carteira.
 
Estocástica.
 
 
 
Desacoplamentos entre os contratos de longo prazo e os prezos en hubs.
 
Electricidade
 
 Volatilidade nos mercados de electricidade en España e Portugal.
 
Coberturas físicas e financeiras.

Optimización do parque de xeración.
 
Estocástica.
 
 
 
Penetración de renovables con custo marxinal cero e produción intermitente.
 
VolumeGasDesaxuste da oferta e a demanda de gas.Optimización de contratos e activos a ámbito global.Determinista/
Estocástica
Presión da demanda agregada en España baixo
un contexto de eficiencia enerxética
ElectricidadeRedución do oco térmico dispoñible.

Incerteza no volume de produción hidráulica.
Optimización do balance entre comercialización e xeración. EstocásticaPresión da demanda agregada en España baixo un contexto de eficiencia enerxética
RegulatorioExposición á revisión dos criterios e niveis de
rendibilidade recoñecida para as actividades reguladas.
Intensificación da comunicación con organismos reguladores.

Axuste de eficiencias e investimentos ás taxas recoñecidas.

 
EscenariosDiferentes unidades de negocio con distintos niveis de maduración.
Tipo de cambioVolatilidade nos mercados internacionais de divisaDiversificación xeográfica.

Coberturas mediante financiamento en moeda local e derivados.

Seguimento da posición neta.

 
EstocásticaIncerteza sobre as perspectivas de crecemento en América latina.
Tipo de xuro e spread crediticioVolatilidade nos tipos de financiamentoCoberturas financeiras.

Diversificación de fontes de financiamento.

 
EstocásticaIncerteza respecto ao nivel de escenario do tipo de xuro.
FiscalAmbigüidade ou subxectividade na interpretación da
normativa fiscal vixente, ou ben pola alteración relevante desta.
Consultas a organismos expertos independentes.

Contratación de empresas asesoras de primeiro nivel.

Adhesión ao Código de Boas Prácticas Tributarias.

Dotación de provisións con criterios de prudencia. 

 
EscenariosDiferentes unidades de negocio con distintos niveis de maduración.

Risco de crédito


Risco de crédito entendido como o risco de solvencia financeira da carteira comercial da compañía. Adicionalmente, incorpora a medición a curto prazo das rendibilidades obtidas na colocación de excedentes en entidades financeiras, orientada a seleccionar carteiras máis eficientes.


Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Crédito  Incerteza sobre a evolución das razóns de morosidade condicionadas polo ciclo económico.Análise de solvencia de clientes para definir condicións contractuais específicas.

Proceso de recobro.
EstocásticaPrevese facer máis eficiente o proceso de recobro.
.

 

Risco operacional


Risco operacional, entendido como a posible aparición de perdas financeiras orixinadas por fallos en procesos, sistemas internos ou outros factores. Permite a obxectivación do risco, determinante na toma de conciencia na compañía e na mellor xestión da súa exposición, claves na percepción do mercado reasegurador en relación coa excelencia operativa en Naturgy. 


 
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Operacional: riscos asegurablesAccidentes, danos ou indispoñibilidades  nos activos de Naturgy. Plans de mellora continua. Optimización do custo total de risco e das coberturas.Estocástica Tensión crecente no mercado asegurador ante a exposición de catástrofes naturais.
Operacional: imaxe e reputaciónDeterioración da percepción de Naturgy dende diferentes grupos de interese.Identificación e seguimento de potenciais eventos reputacionais. Transparencia na comunicación.Escenarios
Estabilización das puntuacións do índice MERCO.
Operacional: medio ambienteDanos á contorna natural e/ou social. Evolución da regulación ambiental.Plans de emerxencia en instalacións con risco de accidente ambiental.

Pólizas de seguro específicas.

Xestión integral ambiental.
EscenariosImplantación dun sistema integrado de xestión, que será certificado e auditado anualmente por AENOR.
Operacional:  cambio climáticoEvolución de factores ambientais consecuencia do cambio climático.

Regulación orientada a combatelo.
Posicionamento corporativo fronte ao cambio climático.Escenarios/ Estocástica.Incerteza sobre as políticas a desenvolver orientadas ao fomento da eficiencia enerxética.

Métricas empregadas

− Estocástica: xeración de sendas de evolución das magnitudes máis relevantes, e tomarase como risco a máxima desviación respecto ao escenario de referencia, de acordo cun nivel de confianza predeterminado. As magnitudes mencionadas son, tipicamente, o ebitda, beneficio despois de impostos, cash flow ou valor.

− Escenarios: análise do impacto respecto ao escenario de referencia dun número limitado de posibles incidencias. Os riscos de carácter financeiro —tipo de xuro, tipo de cambio, prezo das materias primas ou commodities, risco de crédito e risco de liquidez— desenvólvense na nota 18 da Memoria Consolidada.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.