Naturgy presentou en Londres o seu novo Plan Estratéxico 2018-2022, co cal xerará valor a través da simplicidade e accountability, a optimización, a disciplina financeira e a retribución ao accionista. Ademais, a compañía fixouse os seguintes obxectivos financeiros: acadar un EBITDA de 5.000 millóns e un beneficio neto de 1.800 millóns de euros a 2022. Así mesmo, a compañía comprométese a aumentar o dividendo por acción un mínimo dun 5 % anual a partir de 2018, acadando os 1,59 euros por acción en 2022. Naturgy ten previsto investir 8.400 millóns de euros durante o período 2018-2022, dos cales 5.300 millóns destinados a investimentos de crecemento.;

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.