Celestina López, nova directora de NEDGIA Castilla y León - Naturgy - Sala de prensa

Celestina López, nova directora de NEDGIA Castilla y León


  • O ata agora director, Juan Antonio Pazos, pasa a dirixir a área Comercial Residencial de NEDGIA na zona norte.
  • Celestina López, que foi nomeada directora de Operacións de Distribución de Gas de NEDGIA na zona norte, compatibiliza a dirección de NEDGIA Castilla y León coa das distribuidoras de Galicia, A Rioxa e Navarra.


NEDGIA, a compañía de distribución de gas natural do Grupo Naturgy, nomeou a Celestina López nova directora de NEDGIA Castilla y León, a súa filial nesta comunidade autónoma. Celestina López substitúe no cargo a Juan Antonio Pazos, quen dirixirá a partir de agora a área Comercial Residencial de NEDGIA na zona norte.

A nova directora de NEDGIA Castilla y León é logroñesa e enxeñeira agrónoma pola Universidad Politécnica de Madrid. Con case 20 anos de experiencia no Grupo Naturgy, Celestina López ocupou diversas posicións de responsabilidade no ámbito da distribución de gas natural, entre as que se encontran a dirección de NEDGIA Aragón, Rioja, Navarra e Cegas na Comunidade Valenciana.

Con este nomeamento, NEDGIA aposta por Castela e León ao designar como responsable da actividade da compañía distribuidora unha persoa cun amplo coñecemento do sector enerxético e cunha extensa experiencia na compañía.

A nova directora de NEDGIA Castilla y León asume o reto de continuar a expansión da rede de distribución de gas natural na comunidade, así como a potenciación dos novos usos desta fonte de enerxía, entre os que destacan a implantación da mobilidade sustentable con gas natural e o impulso do gas renovable.

Celestina López, que foi nomeada directora de Operacións de Distribución de Gas de NEDGIA na zona norte da compañía, compatibilizará o cargo de directora de NEDGIA Castilla y León coa dirección das distribuidoras de NEDGIA en Galicia, A Rioxa e Navarra.

Nova realidade, novos retos

NEDGIA aposta firmemente pola decisiva contribución do gas natural na mellora da calidade do aire nas cidades españolas. Por iso, traballa no desenvolvemento de solucións innovadoras e eficientes para facer chegar o gas natural a novos usuarios, e promove os novos usos do gas, como a mobilidade sustentable como alternativa a combustibles tradicionais, ou o gas renovable, unha opción sustentable e economicamente competitiva para impulsar un sistema enerxético descarbonizado e loitar contra o cambio climático.

Ademais, a compañía está a traballar na dixitalización de todos os seus procesos co obxectivo de aproveitar ao máximo as novas tecnoloxías para facer máis eficiente e eficaz a súa actividade, ademais de conectar coa nova realidade máis tecnolóxica e esixente.

Presenza en Castela e León

NEDGIA Castilla y León conta con preto de 445.000 puntos de subministración que dan servizo a 524.000 fogares e industrias en 122 localidades. Cunha rede de transporte e distribución que supera os 4.200 quilómetros, o 67% de poboación de Castela e León ten acceso a esta subministración enerxética.

Ademais, a compañía subministra gas natural a preto de 2.000 vivendas a través de instalacións de caldeiras centralizadas.

Ámbito e tema:  Nedgia   Nomeamentos

 
Valladolid, 19 de setembro de 2018

rgpdactive true

argssite - CORP