O futuro é dos que elixen un vehículo eco
Entre os nosos obxectivos está o de desenvolver novas solucións de mobilidade sostible e puntos de recarga
Estamos inmersos nunha revolución no xeito de relacionarnos coa mobilidade. A necesidade de desprazamentos minimizando o impacto no medio ambiente proporciona oportunidades a outras fontes de enerxía, como a electricidade, o gas natural ou o hidróxeno. Xorden novos servizos de mobilidade que, mantendo os niveis de dispoñibilidade, reducen o parque de automóbiles nas cidades.
Por iso, traballamos para ofrecer solucións de mobilidade sostible para as cidades e o transporte terrestre e marítimo que reduzan as emisións de GEI e tamén a contaminación atmosférica, o que contribúe á mellora da calidade do aire. Ademais, a mobilidade alternativa é unha das liñas estratéxicas da innovación na compañía.
Hoxe en día, cremos firmemente na mobilidade sostible, tanto no transporte pesado coma o lixeiro, a través do uso e desenvolvemento do biometano, o hidróxeno verde, a electricidade e o GNV, nos que levamos traballando dende hai anos.
Apostamos pola mobilidade sostible
Mobilidade a gas

Temos unha forte aposta polo gas e os novos desenvolvementos en sectores como o marítimo e transporte pesado terrestre, onde é a alternativa tecnolóxica menos contaminante. Levamos anos apostando polo despregamento a ámbito nacional dunha infraestrutura de carga de gas natural vehicular para uso público e participando en proxectos tecnolóxicos para a recarga deste tipo de combustible a escala usuario, prestando unha atención especial á mellora da eficiencia enerxética e económica das propias estacións de subministración, onde exploramos solucións de almacenamento de enerxía en volantes de inercia co obxectivo de facer unha xestión enerxética máis eficiente.
Temos máis de cen estacións de abastecemento públicas e privadas conectadas á nosa rede de gas natural e hai aproximadamente 140 instalacións públicas en España para o gas natural vehicular.
Ademais, o GNV é compatible co uso do gas renovable (biometano e hidróxeno), desenvolvendo a economía circular con cero emisións.
Mobilidade eléctrica
Non só impulsamos a mellora da mobilidade a gas natural, senón que tamén realizamos importantes proxectos no ámbito da mobilidade baseada na electricidade. Para iso, implantamos solucións integrais e personalizadas de mobilidade eléctrica, que permite aos clientes gozar do seu punto de recarga de vehículo eléctrico.
Esta proposta de valor contextualízase en servizos como Easyrecarga, unha solución integral e personalizada de mobilidade eléctrica que permite aos clientes gozar do seu punto de recarga de vehículo eléctrico.
Ademais, estamos comprometidos no desenvolvemento dunha rede de cargadores que permita acceder a todos os cidadáns a un servizo de recarga eléctrica universal e aberta. O plan está baseado no despregamento dunha rede de proximidade ao cliente urbano con cargadores públicos de baixa potencia e unha rede capilar de cargadores rápidos que dá seguridade ao usuario do vehículo eléctrico nos principais eixes de comunicación.

Innovación

A nosa estratexia de liderado nas solucións de mobilidade sostible apóiase tamén no despregamento a ámbito nacional dunha infraestrutura de carga de gas natural vehicular para uso público. Ademais, participamos en proxectos tecnolóxicos para a recarga deste tipo de combustible a escala usuario, como o proxecto HYGEN ou o proxecto GNV Web, desenvolvido en Río de Xaneiro.
Tamén lanzamos a iniciativa que pretende dar resposta ao gran desafío da mobilidade urbana en Madrid, denominado “Madrid in Motion”, unha solución concreta, proposta por unha start-up israelí, para a optimización do capex e do opex nas gasineiras.
Outros dos proxectos innovadores nos que traballa actualmente a compañía son:
Proxecto NEAR (New Electricity
Assets for Recharging)
Trata de responder ao rol do distribuidor no despregamento de infraestrutura de recarga pública. Así, estudáronse as eficiencias que se producen polo uso da infraestrutura de rede existente para o despregamento dos puntos de recarga eléctrica.
Gas renovable EDAR
de Butarque
Este proxecto realizou a primeira inxección de gas renovable —xerado a partir de biogás procedente da valorización de residuos da depuradora de augas residuais de Butarque en Madrid—, na rede de distribución de Nedgia durante 2019. A instalación estará operativa durante un ano co obxectivo de demostrar o uso eficiente e ecolóxico do gas renovable en aplicacións de mobilidade terrestre.Proxecto LNG
ON Wheels®
Tipos de gas para a mobilidade
Tamén nesta liña de traballo, e como parte de actividades propias da compañía, destacan os estudos de novos proxectos de gases renovables, tanto de biometano coma de hidróxeno verde (xerado a partir de fontes renovables). Os devanditos proxectos comprenden a xeración de biometano e hidróxeno a partir de enerxía eólica e solar fotovoltaica, o seu almacenamento e uso en industrias próximas ou para utilización en mobilidade, en hidroxeneiras para vehículos de transporte ou mesmo para ferrocarril.
![]() |
Beneficios e potencial dos gases renovables
|