Código ético do provedor
Ten como finalidade establecer as pautas que han de presidir o comportamento ético dos seus provedores, contratistas e colaboradores externos. | |
Recolle os compromisos derivados do Pacto Mundial de Nacións Unidas. | |
Consta do Código ético, a Política de Dereitos Humanos, a Política de Responsabilidade Corporativa e a Política Anticorrupción da empresa. | |
Determina as pautas de conduta nas áreas sociais e laborais, éticas e de bo goberno, de seguridade e saúde, ambientais e de calidade. |
Pautas de conduta
-
Pautas sociais e laborais
Respecto á legalidade, dereitos humanos e aos valores éticos:Asume o compromiso de actuar de acordo coa lexislación vixente, co Sistema Normativo interno establecido coas prácticas éticas internacionalmente aceptadas, con respecto aos dereitos humanos e as liberdades, e asegúrase de que os seus provedores asuman estritamente este compromiso.
Respecto ás persoas:
Rexeita calquera conduta dos seus empregados e provedores que poida xerar un ámbito intimidatorio ou ofensivo cos dereitos das persoas.
Desenvolvemento profesional e igualdade de oportunidades:
Promove o desenvolvemento profesional e persoal de todos os seus colaboradores, asegurando a igualdade de oportunidades a través das súas políticas de actuación.
Ofrecer un emprego digno:
Os provedores, contratistas e colaboradores externos de Naturgy remunerarán os seus empregados dun xeito digno.
-
Pautas éticas e de bo goberno
Uso e protección dos activos:
Pon á disposición dos seus empregados e provedores que así o requiran os recursos e medios para o desempeño da súa actividade profesional, así como a súa protección e salvagarda.
Corrupción e suborno:
Declárase contrario a influír sobre a vontade de persoas alleas á compañía para obter algún beneficio, nin permite que outras entidades poidan utilizar esas prácticas cos seus empregados.
Pagamentos irregulares e branqueo de capitais:
Establece políticas para previr e evitar na realización de pagamentos irregulares ou branqueo de capitais de orixe ilícita e espera que os seus provedores cumpran con estas políticas.
Imaxe e reputación corporativa:
Os provedores, contratistas e colaboradores externos de Naturgy deben poñer o máximo coidado en preservar a imaxe e reputación da compañía nas súas actuacións profesionais.
Conflito de interese:
Considera que a relación cos seus colaboradores debe basearse na lealdade que nace duns intereses comúns.
Tratamento da información e do coñecemento:
Declara a veracidade da información como principio básico nas súas actuacións e as dos seus provedores.
Relacións cos clientes:
Asume, lidera e impulsa o compromiso coa calidade, asegurando que a política de calidade sexa practicada por todos os seus provedores. -
Pautas de seguridade e saúde
Seguridade e saúde no traballo:
Impulsa a adopción de políticas de seguridade e saúde no traballo, adopta as medidas preventivas establecidas na lexislación vixente de cada país e vela en todo momento polo cumprimento normativo nesta materia. Así mesmo, impulsa e incentiva a aplicación destas políticas por parte das empresas colaboradoras e provedores cos que opera. -
Pautas ambientais e de calidade
Respecto ao Medio Ambiente:
Ten definida unha política e implantado un sistema de xestión medioambiental. Os provedores, contratistas e colaboradores externos cumprirán coa devandita política e estándares ambientais establecidos por Naturgy.
Calidade e seguridade dos produtos e servizos:
Ao longo de toda a súa cadea de valor, asegura e mellora a calidade e a seguridade dos produtos entregados polos provedores.