A maior compañía integrada de gas e electricidade de España
Estamos presentes nos negocios da electricidade e o gas, dende a súa obtención ata a distribución e a comercialización
O noso modelo de negocio diferénciase por ser líder no sector do gas e ser un referente no sector eléctrico, en ambos os dous casos é garantía de subministración regular de gas e electricidade, esencial para prestar un servizo de calidade e para o cumprimento da función social da compañía, ao tempo que proporcionamos unha ampla oferta de servizos de valor engadido e impulsamos a innovación sostible como motor de desenvolvemento.

Renovables
Xeración eólica, solar e hidráulica | |
En España, México, Panamá, Australia, Brasil e Costa Rica |

Electricidade
7,7 millóns de puntos de subministración | |
133.917 km de rede de distribución de electricidade |

Gas
11,1 millóns de puntos de subministración | |
218.831 km de rede de distribución de gas |
Con presenza en todo o mundo
Estamos presentes en case 30 países e actuamos na xeración, o aprovisionamento, a distribución e a comercialización de gas e electricidade en todo o mundo.
Con compañías especializadas
Contamos con empresas especializadas en diferentes partes do proceso da enerxía (xeración, distribución e comercialización), tanto no sector gasista coma no eléctrico.

Global Power Generation (GPG) é unha compañía do grupo Naturgy dedicada ao negocio de xeración eléctrica. Desenvolve e xestiona activos de xeración cun enfoque global, ofrece servizos de enxeñaría e operación, e de mantemento das súas instalacións.

UFD enfócase no desenvolvemento, tecnificación e dixitalización de redes eléctricas. Encárgase da actividade regulada de distribución eléctrica do Grupo Naturgy. A súa actividade básica é a transmisión de enerxía eléctrica dos centros de xeración ata os consumidores finais.

Nedgia é a compañía de distribución de gas do grupo Naturgy en España, responsable do desenvolvemento, operación e mantemento de redes de gas. Desenvolve solucións innovadoras e eficientes, e promove os novos usos do gas.