Vista panorámica da pista onde se ve o aliñado da canalización e a integración da zona
Gasoduto da Mariña Lucense
-
Vista panorámica da pista onde se ve o aliñado da canalización e a integración da zona
-
Construción do gasoduto na Mariña (Lugo)
-
Última fase
-
Reforestación da zona
-
Reforestación da zona
-
Feitos relevantes e reforestación
-
Detalle do gasoduto. San Cibrao-Cervo
-
Vista de maquinaria e técnicos traballando na perforación mais grande de todas. Pk2, Ribadeo, Río Grande
-
Construción do gasoduto na Mariña (Lugo)
-
Construción do gasoduto da Mariña, Lugo
Promotores do proxecto
-
O Goberno galego considera o gas natural un importante dinamizador económico. Investiu nos últimos anos máis de 90 millóns de euros no desenvolvemento de infraestruturas gasísticas. Nos proximos anos, prevese que o 75% da poboación teña acceso ao gas natural.
Xunta de Galicia -
A posta en servizo do gasoduto da Mariña permite que Alcoa San Cibrao consuma unicamente gas natural como combustible nos seus procesos de produción e abandonar así o consumo de fuel, o que contribúe á sustentabilidade competitiva e medioambiental da fábrica.
Alcoa San Cibrao -
Unha nova marca e un novo logo para a sociedade hólding do grupo Naturgy que realiza a actividade de distribución de gas a través de diferentes sociedades de distribución nas comunidades autónomas de España.
nedgia
En cifras
-
30 millóns de euros de investimento para un proxecto de país
-
55 mil habitantes beneficiados e máis de 200 profesionais participantes
-
11 meses de construción: de febreiro de 2014 a xaneiro de 2015
Características e especificacións técnicas
-
Lonxitude: 65.105 m
Diámetro: 16´ (400 mm) de tubo de aceiro enterrado na súa totalidade
Presión: 80 bar
Caudal: 50.905m³ (n)/h e vehiculación máxima de 100.000 m³/h
Posicións: 8 ERM, 1 EM
Profundidade dirixida de máis de 70 metros e 1 quilómetro de lonxitude. -
O gasoduto de transporte primario foi aprobado en 2008 polo Goberno de España. Conecta co gasoduto Llanera-Villaba xa existente e discorre enterrado na súa totalidade a un metro da superficie, polos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o ex-presidente de Naturgy, Salvador Gabarró, inaugurárono o 9 de febreiro de 2015, coa apertura simbólica dunha válvula situada en San Cibrao-Cervo.
Na súa construción empregouse a tecnoloxía de perforación dirixida, usada en construcións de ámbitos de grande interese medioambiental, especificamente no cruzamento do río Grande que desemboca na ría de Ribadeo. Esta perforación dirixida é a máis longa e profunda levada a cabo no noso país nos últimos anos.
En total cumprimento coa normativa europea, nacional e local, dende o noso centro de control temos información puntual, 24 horas ao día, sobre a situación e operación do gasoduto, para poder controlalo e operalo con total seguridade. Actualmente, Ribadeo, Xove, Foz e Burela xa contan con ramal de conexión ao gasoduto da Mariña. Viveiro subminístrase a través dunha planta de GNL e está previsto que se conecte igualmente ao gasoduto.

Sustentabilidade
Na construción do gasoduto, primouse a preservación da contorna. Adoptáronse as medidas oportunas para minimizar as afectacións e prexuízos que se puideron producir durante a execución. Unha vez finalizadas as obras, restituíuse ao seu estado primitivo tanto os terreos, como os cerrados e outras instalacións que puideron resultar afectadas, a través de accións de rexeración forestal e biofauna.
De acordo coa súa política de sustentabilidade e atendendo ao compromiso coa sociedade onde realiza a súa actividade, dende Naturgy implicámonos activamente en diversas iniciativas e accións de patrocinio.

Contacto
Rúa Lisboa – Edificio Área Central, Local 31, H-I-J Polígono Fontiñas
15703 Santiago de Compostela
Tel.: 981569101 Correo electrónico: gasoductoamarina@gasnatural.com