Global Power Generation (GPG) é unha compañía dedicada ao negocio de xeración eléctrica. Para iso, desenvolve e xestiona activos de xeración, cun enfoque global, ademais de utilizar tecnoloxías nas que a súa experiencia garante o éxito. GPG tamén pon á disposición dos seus clientes servizos de enxeñaría e operación, e mantemento das súas instalacións.

Naturgy Energy Group e KIA

Global Power Generation (GPG) constitúese en 2014 por Naturgy Energy Group e KIA (a través da súa filial Wren House Infrastructure), como o vehículo para canalizar a súa actividade de xeración eléctrica internacional, un dos principais vectores de crecemento definidos polo grupo.

Kuwait Investment Authority (KIA), un sólido socio investidor que conta co 25% de GPG, é o fondo soberano máis antigo do mundo e ten a súa orixe en Kuwait Investment Board, creado en 1953. É responsable da xestión e administración de Kuwait's General Reserve Fund (GRF) e de Future Generation Fund (FGF) e doutros fondos do Estado de Kuwait.

Wren House Infrastructure estableceuse en 2013 para xestionar a ámbito global todos os investimentos en infraestruturas de KIA. O fondo soberano céntrase na creación a longo prazo dunha plataforma sostible de infraestruturas e forma parte de distintos proxectos como socio investidor.


Saber más

Tecnoloxías

 
Ciclo combinado: potencia instalada de 2.448 MW en México e Porto Rico. Tamén opera 500 MW en México para un cliente externo.
Hidroeléctrica: potencia instalada de 122 MW entre Costa Rica e Panamá. Adicionalmente, opera 250 MW en Uganda para un cliente externo.
Eólica: potencia instalada de 234MW en México, en Australia de 270 MW e proxectos adxudicados en 2016 en Chile de 204MW.
Solar: Proxectos adxudicados en 2016 en Chile de 126MW e en Brasil de 68 MW.
 Térmica (carbón e fuel): potencia instalada de 189,5 MW en Repúbica Dominicana.
 

Servizos

 
A actividade de Global Power Generation (GPG) compleméntase coas capacidades das súas filiais de enxeñaría, que, ademais de dar soporte aos propios desenvolvementos, ofrecen os seus servizos a terceiros.
 

Enxeñaría 

Deu soporte ao desenvolvemento e construción de máis de 1.000 proxectos en case 50 países, dende que se creou en 1989.

 

Operación e mantemento

Presta servizos de operación e mantemento aos clientes de GPG unha vez que os activos están en explotación, ademais de xestionar activos enerxéticos en diversos países.
 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.