Fundación Naturgy

A Fundación Naturgy é unha institución sen ánimo de lucro fundada en 1992 por Naturgy, cunha vocación de formación e sensibilización da sociedade na mellora da eficiencia enerxética e a innovación tecnolóxica no ámbito da enerxía. Tamén desenvolve programas de Acción Social tanto no ámbito nacional como internacional, incidindo especialmente en actuacións destinadas a paliar a vulnerabilidade enerxética.

Trátase dunha fundación operativa que concibe e pon en marcha proxectos propios aliñados coa súa misión, cuxos eixes principais se basean na formación, divulgación e sensibilización en temas de enerxía e medio, co obxectivo fundamental de promover o uso racional dos recursos enerxéticos e fomentar un desenvolvemento sostible.

Por outro lado, a Fundación, sensible aos problemas da sociedade actual, quere combater unha realidade social que cada día afecta un colectivo máis amplo da sociedade: a vulnerabilidade enerxética. E, para iso, emprende medidas con especial incidencia nos colectivos vulnerables como accións sociais directas a ONG, rehabilitación de vivendas sociais, a posta en marcha dunha escola de enerxía ou a formación profesional de persoas en risco de exclusión en temas de enerxía e medio.

Así mesmo, promove as actividades educativas e divulgativas orientadas á preservación e difusión do patrimonio histórico e cultural do sector do gas e a electricidade, e do seu Arquivo Histórico, considerado como un dos máis representativos do país.



Logo Fundación Naturgy


Presenza internacional

Compromiso coa sociedade e a contorna
 

 Programas destinados a combater unha realidade social que cada día afecta un colectivo máis amplo da sociedade: a pobreza enerxética. Entre eles, destacan o Fondo Solidario de Rehabilitación Enerxética, a Escola de Enerxía ou o Voluntariado Enerxético. 

 Seminarios de xestión ambiental sobre enerxía e medio ambiente, e o uso eficiente dos recursos enerxéticos. 

Investigacións aplicadas sobre temas situados na interfase entre enerxía e medio ambiente.

 Publicacións de divulgación, con rigor e claridade.

 Programas de educación e divulgación para fomentar o coñecemento en temas enerxéticos, así como exposicións itinerantes sobre a enerxía e o medio ambiente, acompañadas de actividades para escolares e para público xeral, co obxectivo de inducir á reflexión sobre o futuro e a importancia de utilizar de xeito eficiente os recursos naturais.

 


Liñas de traballo da Fundación

Acción Social

Plan de Acción Social de la Fundación Naturgy


Prímase a acción social en ámbitos como o educativo, o acceso á enerxía e o diálogo coas comunidades. Destaca a posta en marcha do Plan de Vulnerabilidade Enerxética en España en colaboración coa compañía. Baixo esta iniciativa, desenvolvéronse algunhas como a Escola de Enerxía, o Voluntariado Enerxético e a Rehabilitación de vivendas de colectivos vulnerables.

Saber máis
 

Enerxía e Medio Ambiente

Energía y Medio Ambiente Fundación Naturgy

A nosa entidade promove a formación, divulgación e sensibilización en temas de enerxía e medioambiente, a través de seminarios e elaboración e publicación do Índice de Eficiencia Enerxética para dar a coñecer os hábitos de eficiencia nos fogares e pemes españolas. Ademais, impulsa foros de análise para contribuír ao desenvolvemento de novas tecnoloxías enerxéticas e promove a mobilidade intelixente e a mellora da calidade do aire.


Saber máis
 

Programas educativos

Programas Educativos Fundación Naturgy


Ofrece propostas educativas que teñen como obxectivo a transmisión de valores sobre o cambio de modelo enerxético, a preservación do medio ambiente, o uso eficiente e o consumo responsable da enerxía para un futuro mellor para todos. Entre os proxectos, destacan a o Programa Aprendizaxe por Servizo (APS) ou a gran variedade de recursos presenciais para a aula.


Saber máis

Programa Internacional

Programa Internacional Fundación Naturgy


A Fundación ten unha clara vocación internacional e, por iso, leva moitos anos desenvolvendo a súa actividade en países nos que traballa especialmente os ámbitos de formación, sustentabilidade e acción social, ademais de adaptarse sempre á personalidade e requirimentos das diferentes contornas. Os países nos que se están a realizar actividades son: Arxentina, Colombia, Costa Rica, Brasil, México, Alxeria, Marrocos, Italia, Moldavia e Sudáfrica.

Saber máis

Ligazóns de interese



Onde estamos

Fundación Naturgy

Enderezo: Avda. San Luis 77. Madrid

Correo electrónico: fundacionaturgy@naturgy.com


 

Compromisos Naturgy
 

Desenvolvemos o noso compromiso coa sociedade a través dunha vocación de formación e sensibilización na mellora da eficiencia enerxética e a innovación tecnolóxica no ámbito da enerxía. Tamén desenvolvemos programas de Acción Social tanto no ámbito nacional como internacional, incidindo especialmente en actuacións destinadas a paliar a vulnerabilidade enerxética.

Dous pares de mans sostendo unha casiña de madeira

Vulnerabilidade enerxética


Aplicamos medidas para axudar a paliar a vulnerabilidade enerxética mediante formación e acción directa con voluntarios e colaboración co Terceiro Sector.
 

Saber más

Muller e nena en parque eólico

Acción social internacional

Reflectindo a evolución das sociedades locais e cunha achega positiva á dinámica cidadá do país onde se desenvolven.
 
 

Saber más

Torre eléctrica

Didáctica social

Desenvolvemos recursos e actividades sobre enerxía e tecnoloxía a entidades do terceiro sector e a cidadáns en risco de exclusión social, así como adaptamos as propostas para que sexan accesibles a persoas con diversidade.

Saber más

Divulgación e sensibilizacion


Achegamos os temas xerais aos ámbitos inmediatos, dende unhas propostas rigorosas, de modo que sexa posible avanzar na achega de coñecementos, alternativas e solucións.

 

Saber máis

Eficiencia
enerxética


Promovemos a información, a formación e a sensibilización da sociedade na mellora da eficiencia enerxética, de forma coherente co respecto e a protección do medio.  



 

Saber más

Laboratorio de medición e avaliación de gas natural de CEG (São Cristóvão, Río de Xaneiro) Brasil

Innovación tecnolóxica

A innovación e a tecnoloxía son clave para transformar a forma na que desenvolvemos a nosa actividade e transformar as ideas en servizos que garantan unha subministración de enerxía eficiente, sostible e segura.
 

Saber más

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.