Somos un grup enerxético cun modelo de negocio innovador, integrado e sustentable
|
Unha multinacional enerxética sólida e competitiva
O noso modelo de negocio diferénciase por ser líder no sector do gas e ser un referente no sector eléctrico, en ámbolos dous casos garantindo a continuidade da subministración, aspecto esencial para prestar un servizo de calidade e para o cumprimento da función social da compañía, proporcionando unha ampla oferta de servizos de valor engadido e impulsando a innovación sostible como motor de desenvolvemento.
presenza en
máis de 20 países
do noso mix enerxético
preto de 16 millóns de clientes
máis da metade fóra de España
10.540 empregados
A enerxía
Os nosos principios
Misión
Atender as necesidades enerxéticas da sociedade ofrecendo produtos e servizos de calidade respectuosos co medio ambiente.
Atender as necesidades dos nosos accionistas ofrecéndolles unha rendibilidade crecente e sustentable.
Atender as necesidades dos nosos empregados ofrecéndolles a posibilidade de desenvolver as súas competencias profesionais.
Visión
Ser líderes en continuo crecemento con presenza multinacional ofrecendo produtos de calidade e respectuosos co medio ambiente.
Ofrecer unha rendibilidade crecente e sostida aos nosos accionistas.
Ofrecer oportunidades de desenvolvemento profesional e persoal aos nosos empregados.
Contribuír positivamente a través dun compromiso global.
Valores
Orientación ao cliente
Compromiso cos resultados
Sustentabilidade
Interese polas persoas
Responsabilidade Social
Integridade
Internacionais

A nosa presenza internacional garántenos unha posición privilexiada para capturar o crecemento de novas rexións en proceso de desenvolvemento económico, o que nos converte nun dos principais operadores do mundo.
Saber máis
Innovadores

Nun mundo cada vez máis interconectado, a innovación e a tecnoloxía son claves para transformar a forma na que desenvolvemos a nosa actividade, a través de iniciativas e proxectos que garantan unha enerxía cada vez máis eficiente, limpa e sostible.
Saber máis