Usamos drones para
garantir o mantemento das nosas
redes eléctricas



 

 

Traballamos pola innovación na enerxía

 

Modelo de innovación aberta


Nun mundo en constante cambio, traballamos dende a perspectiva da innovación aberta, que valora o talento tanto externo como interno como o único xeito de avanzar e de atraer novas ideas e produtos ao mercado. Unha innovación tecnolóxica, que abordamos como un proceso permanente, que forma parte da nosa filosofía empresarial e que é un dos motores do desenvolvemento de Naturgy.

Para iso desenvolvemos programas de emprendemento, tanto interno como en colaboración con axentes innovadores externos, o que contribúe a que innovemos de forma máis áxil, manteñamos o liderado no mercado e nos transformemos acorde cos cambios da contorna. Permítenos anticiparnos ás necesidades dos clientes e transformar as ideas en servizos que garantan unha subministración de enerxía eficiente, sustentable e segura



Find out more

 

 

Plan de Innovación


O noso Plan de Innovación persegue implantar melloras operativas e adoptar aquelas tecnoloxías que achegan un maior valor aos negocios de Naturgy. O devandito Plan estrutúrase en seis grandes liñas de traballo: Mobilidade Sostible, Smart Client, Xeración distribuída e autoconsumo, Renovables e almacenamento, Gas Renovable e Gas Natural Licuado, e Xestión avanzada de activos.

Find out more


Mobilidade Sostible


Smart Client


Xeración distribuída e autoconsumo


Renovables e almacenamento


Gas Renovable e Gas Natural Licuado


Xestión avanzada de activos

Centro tecnolóxico e Innovahub

 
 
O Centro Tecnolóxico xera unha rede de laboratorios para a colaboración en innovación tanto de Naturgy coma do noso ecosistema de referencia, formado por centros de innovación, start-ups e universidades, ademais doutros centros tecnolóxicos e socios industriais.  

 Laboratorio de Autoconsumo (LAC)
 Laboratorio de Solucións de Frío e Calor (LASOL)
 AutoLab —robótica e sensorización e IoT—
 Smart Home Living Lab (SHoLL)

 

Ademais, o Centro Tecnolóxico impulsa os Innovahub: espazos creados para fomentar a innovación aberta, que están distribuídos entre Madrid, Barcelona e Campus Puente Nuevo (Ávila). 
 

Innovahub    Technological Centre
 

 

Fomento da Innovación

Intraemprendemento


A promoción do emprendemento dentro de Naturgy é clave para facer posible a innovación e fomentar a creación de valor, ademais da maior competitividade con novos modelos de negocio e de servizos. Neste sentido, implementouse o Programa EmprendE, con equipos transversais formados por empregados de Naturgy, e os Premios a Nosa Enerxía.

Patrocinio 


Para promover a innovación faise imprescindible xerar espazos de encontro, debate e intercambio de ideas onde crear unha rede para posibles colaboracións. Por iso, Naturgy participa e patrocina diferentes eventos, como South Summit e MIT Innovators under 35. 
 

Programas con aceleradoras


Estes programas teñen como obxectivo identificar, fomentar e acelerar o desenvolvemento de novos produtos e servizos que afronten os retos do sector e que respondan ás necesidades dos seus clientes e da propia compañía. Na actualidade, desenvólvese Foment up, en colaboración coa patronal catalá Foment del Treball, e Cleantech camp con Innoenergy.


Find out more

Planificación da innovación

Soporte e transferencia


O soporte e a transferencia de tecnoloxía optimiza a explotación dos negocios de Naturgy: detecta as necesidades dos negocios e busca as solucións a través das novas tecnoloxías. 


 

Colaboración

Participamos en foros e asociacións sectoriais, o que nos permite dialogar cos expertos de referencia en cada ámbito tecnolóxico e tecer redes e colaboracións de futuro cos axentes da innovación
 

Observatorio tecnolóxico


O Observatorio Tecnolóxico coordina as iniciativas de innovación e desenvolve tarefas de vixilancia tecnolóxica.  Conta con 17 observatorios específicos e con máis de 160 expertos distribuídos polas diferentes unidades de negocio.  

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.