Centro tecnolóxico
A actividade do Centro Tecnolóxico ten como obxectivo fundamental a creación dunha rede de colaboración entre centros de innovación e de tecnoloxía da compañía e do seu ecosistema de referencia. As iniciativas do centro sitúanse no marco das políticas de innovación aberta da compañía, que promove o traballo en colaboración co ecosistema tecnolóxico formado polos negocios do Grupo e os desenvolvedores de tecnoloxía afíns: centros de innovación, start-ups e universidades, ademais doutros centros tecnolóxicos e socios industriais.
A misión do centro é servir de iniciador e facilitador da Innovación na compañía e ten tres obxectivos principais:
A creación e xestión de contornos de encontro co ecosistema tecnolóxico
A implantación e explotación de recursos para o desenvolvemento tecnolóxico, mediante a experimentación e a pilotaxe de solucións tecnolóxicas
A demostración da actividade de innovación da compañía.
A misión do centro é servir de iniciador e facilitador da Innovación na compañía e ten tres obxectivos principais:
A creación e xestión de contornos de encontro co ecosistema tecnolóxico
A implantación e explotación de recursos para o desenvolvemento tecnolóxico, mediante a experimentación e a pilotaxe de solucións tecnolóxicas
A demostración da actividade de innovación da compañía.

Laboratorios
-
Laboratorio de Solucións de Frío e Calor (LASOL)
O obxectivo deste laboratorio, creado en colaboración co IREC, é a pilotaxe de novas solucións de climatización e frío industrial. Son relevantes aquelas pilotaxes de dispositivos que hibridan fontes de enerxía renovables co gas natural, onde se pon en valor o gas natural como respaldo ás renovables non xestionables. -
Laboratorio de Autoconsumo (LAC)
O seu principal obxectivo é afondar no coñecemento desta tecnoloxía e participar nos desenvolvementos para facela chegar aos nosos clientes. Probamos a funcionalidade de equipos comerciais e participamos no desenvolvemento de novas funcionalidades, identificamos os factores clave para a súa instalación e integración no sistema eléctrico. -
AutoLab, robótica, sensorización e IoT
A actividade principal deste laboratorio, que comezou a funcionar en 2017, consiste no desenvolvemento de solucións rápidas de soporte físico e lóxico como piar de proxectos na liña de Automatización e Xestión de Datos. Ademais, ponse á disposición de calquera área da compañía como contorno de desenvolvemento nestes alcances.
-
Smart Home Living Lab (SHoLL)
Trátase dun contorno que permite a pilotaxe e a demostración de tecnoloxía de Smart Home da compañía, destinada a cliente, sen necesidade de comprometelo. A súa condición de laboratorio fai posible traballar nun ambiente controlado, polo que é posible formular unha experimentación máis intensiva que nunha instalación real.