Innovahubs
Coñecer
Conectar
Achegamos a rede de expertos de enerxía que apoian aos emprendedores no desenvolvemento de proxectos que impactan no sector enerxético.
Co-crear
Espazos de innovación
-
InnovaHub
Barcelona
É o punto de encontro cos actores do ecosistema dixital e tecnolóxico que están a impactar no sector da enerxía na capital catalá. As actividades regulares máis destacadas son: Tech Breakfast, con expertos e emprendedores de éxito do sector enerxético e dixital; Experience Day, sesións prácticas cun especialista, e Startup Meeting, onde as start-ups máis innovadoras e os profesionais de Naturgy exploran os retos do sector, son outras das actividades destacadas -
InnovaHub
Madrid
Este InnovaHub desenvolve actividades de dinamización con emprendedores, expertos e start-ups. Conta, ademais, con tres espazos de experimentación e innovación: AutoLab, un laboratorio de robótica e sensorización de IoT; o Smart Home Living Lab (SHoLL) que é un contorno de pilotaxe e demostración de tecnoloxía Smart Home; e o Centro de Operación e Simulación (COyS) que emula un centro de control da compañía como espazo de ensaio de novas solucións que serán integradas pola compañía. -
InnovaHub
Puente Nuevo
O Campus acolle un novo InnovaHub o que o converte nun polo de desenvolvemento e innovación para a compañía. Este espazo específico no Campus realiza actividades de intercambio de ideas, networking e busca de solucións para o sector enerxético. Conta con dotación de ferramentas audiovisuais, como o Cubo Immersivo e de ferramentas de xestión, como Activu, que permitirá a comunicación entre os distintos Innovahubs e a realización de eventos de innovación multisite.
Programas
-
Thematic tracks
Programas mensuais enfocados nas últimas tendencias dixitais e en como estas impactan no sector enerxético. Desenvólvense en diferentes formatos para fomentar o intercambio de ideas e o networking.
-
Open space
Espazo de encontro aberto ao ecosistema, aos emprendedores e innovadores que necesitan un espazo para traballar, facer networking e realizar eventos de interese para a comunidade. -
Mentoring
Sesións nas que o equipo de mentores de Naturgy de Innovación e a rede de expertas do Innovahub achegan a súa experiencia e coñecemento para apoiar ás start-ups na resolución dos seus desafíos.
Actividades
-
Tech Breakfast
Thematic trucks
Almorzos nos que relatores de primeira categoría e start-ups locais e internacionais comparten a súa experiencia acerca da temática elixida. Unha mañá na que encontrar inspiración e facer networking.
Descubra-los -
Start Up Meeting
Thematic trucks
Encontros dinamizados por expertos en Design Thinking onde as start-ups máis innovadoras e os profesionais de Naturgy exploran os retos do sector para ‘cocrear’ solucións. -
Experience Day
Thematic trucks
Sesións prácticas cun experto en tecnoloxía para experimentar e afondar nos aspectos clave da temática elixida de forma dinámica. -
Coworking
Open Space
Se es emprendedor vinculado ao sector da enerxía e necesitas un lugar para traballar de forma esporádica, só ou co teu equipo, podes solicitar o uso do espazo de coworking de innovaHub. -
Community Events
Open Space
InnovaHub está dispoñible para a organización de eventos e actividades que sexan de calidade e interese para a comunidade da que formamos parte. -
Problem Pitching
Pitch Mentoring
Sesións que reúnen ao equipo de mentores de Naturgy e a emprendedores co obxectivo de dar solución a retos concretos das start-ups.