Plan innovación tecnolóxica
O noso modelo de innovación traballa con dous enfoques complementarios: “Push”, para o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas e “Pull”, de impulso e tracción do ecosistema de innovación aberta para encontrar oportunidades de negocio, ideas e talento.
Plataformas de colaboración
A compañía participa no ámbito internacional, colaboramos con asociacións e foros como Eurelectric, American Gas Association (AGA), Eurogase International gas Union (IGU).
En España participamos en plataformas de redes eléctricas (FutuRed), eficiencia enerxética (PTE-EE), cidades intelixentes (GICI) e a Alianza para a Innovación Enerxética en España (ALINNE).
Cultura innovadora
A innovación forma parte da nosa cultura de empresa: é un dos nosos motores de desenvolvemento e actualízase a partir da nosa Visión estratéxica 2016-2020 do grupo.
A innovación e a tecnoloxía son clave para transformar a nosa actividade e anticiparnos ás necesidades dos clientes, así como garantir unha subministración de enerxía eficiente, sustentable e segura.
Liñas tecnolóxicas
-
Colaboración
Participamos en foros e asociacións sectoriais, o que nos permite dialogar cos expertos de referencia en cada ámbito tecnolóxico e tecer redes e colaboracións de futuro cos axentes da innovación. -
GNL
Traballamos para fortalecer a infraestrutura de transporte, almacenamento e distribución do Gas Natural Licuado (GNL) co obxectivo de convertelo nunha alternativa aos combustibles derivados do petróleo.
Saber más -
Xeración
En xeración eléctrica abordamos o desenvolvemento e optimización de ámbitos como: renovables e almacenamento e redución de emisións e eficiencia en xeración termoeléctrica.
Saber más -
Redes
Impulsamos a posta en valor das redes de gas e o desenvolvemento de redes eléctricas 4.0. - integración de renovables e xestión intelixente. Por outra parte , promovemos a obtención de gas natural de fontes renovables.
Saber más -
Clientes
Smart Client fomenta a xeración de produtos e servizos de alto valor engadido. Neste sentido, tamén se impulsa a eficiencia enerxética e o uso de gas natural renovable no transporte.
Saber más -
Automatización
Un ámbito de traballo transversal da compañía que inclúe a inspección de activos mediante drons, a xestión intelixente de datos e a automatización, así como a sensorización, loT.
Saber más
Traballamos en
Gas natural renovable
GNL para transporte marítimo
GNL para transporte ferroviario
Gas natural vehicular
Eficiencia enerxética
Smart
client
Proxectos
-
GNL
DirectLink LNG (2016-2017)
O Sistema de Transferencia Universal Flotante (UTS) é unha solución integral patentada para a transferencia e bunkering de GNL de buque a terra, alternativa a custosas infraestruturas tradicionais (porto e peirao) e con mínimo impacto medioambiental.
-
Redes
Life Metamorphosis
LIFE Methamorphosis proponse demostrar, a escala industrial, dous sistemas innovadores de tratamento de residuos, Umbrella e Methagro, para a produción de biometano no marco do fomento das renovables e a mitigación do efecto invernadoiro.
Saber más -
Redes
Unidade Mixta de Gas Renovable (2016-2019)
A Unidade Mixta de Gas Renovable ten como obxectivo principal aumentar o coñecemento nos procesos de produción de biometano (Gas Renovable) no sector das EDAR urbanas e EDAR de industrias alimentarias centrándose na inxección a rede.
Saber más -
Redes
RIS3CAT CoSin: combustibles sintéticos
Desenvolvemento dunha alternativa para os gases sintéticos (a partir de carbón de orixe bioxénica) como elementos de almacenamento de enerxía a grande escala, para facilitar unha maior intensidade no uso de enerxías renovables.
Saber más -
Redes
Smart Green Gas (2014 – 2018)
Estúdase a depuración do biogás obtido nas plantas de tratamento de residuos e a súa conversión en biometano de alta calidade, cun 95% de concentración, para poder ser inxectado na rede de gas ou utilizado como combustible de automoción.
Saber más -
Redes
Power2biomethane
Trátase do desenvolvemento dun sistema de xeración de biometano totalmente renovable, a partir de CO2 e de enerxía eléctrica proveniente de verteduras de enerxía renovable mediante un proceso bioelectroquímico en pilas Microbial Electrochemical System (MES).
Saber más -
Redes
Maige
Este proxecto enmárcase dentro dunha estratexia a medio prazo para desenvolver sistemas de monitorización avanzada de redes e instalacións de distribución de gas e electricidade, incrementando así a seguridade e fiabilidade das accións de mantemento e de subministración. -
Redes
Proxecto SEDA
O proxecto SEDA é un dos sistemas de subministración eléctrica máis avanzados do mundo, que ofrece novos servizos aos clientes, reforzando a calidade dasubministración e informando o usuario sobre as incidencias que se producen na rede.
Saber más -
Cliente
PIDIM (2017-2019)
Desenvólvese unha plataforma intelixente de deseño de instalacións de xeración distribuída de electricidade para a rehabilitación enerxética de edificios con consumo significativo, como hoteis, oficinas, escolas, centros deportivos e locais.
Saber más -
Cliente
GrowSmarter (2015 - 2019)
GrowSmarter é un proxecto europeo cuxo obxectivo é aplicar unha combinación de tecnoloxías para impulsar o aforro enerxético, a diminución do impacto ambiental e a mellora da calidade de vida en contornos Smart City a modo piloto.
Saber más -
Cliente
COFAST (2014-2018)
O seu obxectivo é desenvolver elanzar ao mercado unha nova solución de estacións de carga rápida de vehículos eléctricos. A enerxía que se subministrará aos vehículos provirá dun sistema de coxeración a pequena escala alimentado a gas natural.
Saber más -
Cliente
ReUseHeat (2017-2019)
Co obxectivo de reducir a enerxía convencional demandada polos edificios mediante o aproveitamento de calores residuais, este proxecto persegue desenvolver e demostrar tecnoloxías de recuperación de calor en contornas urbanas.
-
Smart Client
Proxecto DiPCa (2017-2018)
O proxecto DiPCa está enfocado en poder crear un sistema diagnóstico preditivo de erros máis frecuentes en caldeiras murais de gas en residencial, a partir de sensorización multivaribale, o que permitirá optimizar o servizo ofrecido aos nosos clientes.
Saber máis -
Automatización
Realidade virtual na formación en tarefas de risco
Simulador de realidade virtual para formar operadores nas unidades de distribución de gas e de electricidade e servizos compartidos. O contorno virtual permite a formación en tarefas perigosas sen os inconvenientes dun medio real
Saber más