Automatización - Naturgy - Coñécenos

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Automatización




A área de Automatización e xestión de información é unha área transversal que pretende aglutinar os proxectos que xa se están a desenvolver na compañía co obxectivo de gañar en sinerxías e potenciar os resultados.

Liñas de actuación

 Control de enerxía


Desenvolvemento de solucións que permitan dispoñer dun control da enerxía para asegurar os correctos balances desta en toda a rede de gas e electricidade. Os obxectivos que persegue esta liña son, entre outros, mellorar a detección de fraude abaratando os custos nesta detección e a transferencia dos mellores resultados entre os distintos pilotos.
 

 Traballo asistido con robots e drons


O obxectivo principal desta liña consiste na utilización de solucións automáticas para a realización de determinadas operacións, principalmente as pesadas, repetitivas e perigosas, de xeito autónomo, co fin de facilitar os labores dos empregados de Naturgy. 
 

 Servizos complementarios do sistema e papel da xeración renovable 

Análise do papel da xeración renovable no mercado de servizos complementarios
 

 Arquitectura de monitorización de parques eólicos


Deseño da Arquitectura de Monitorización e desenvolvemento do modelo de alongamento de vida útil en Parques eólicos.
 

 Realidade Virtual / Realidade Aumentada e BIM

 
Esta liña persegue implicar transversalmente a toda a compañía na avaliación da aplicación das tecnoloxías de Realidade Virtual/Realidade Aumentada e BIM ao seu ámbito de actividade, tendo en conta que estas tecnoloxías están en constante evolución.  

Proxectos

  • Realidade virtual na formación en tarefas de risco
    Simulador de realidade virtual para formar operadores nas unidades de distribución de gas e de electricidade e servizos compartidos. O contorno virtual permite a formación en tarefas perigosas sen os inconvenientes dun ámbito real

    Saber más
  • Sibila (2016-2018)


    Desenvolvemento dun sistema de control automático no que se integran tanto tecnoloxías convencionais de xeración eléctrica como tecnoloxías renovables e un sistema preditivo que permita establecer a estratexia óptima de participación nos mercados
  • Energy Harvesting UP4: (2017-2018)

    Iniciativa para captar a enerxía para alimentación de sensores que se instalarán na rede de gas. A enerxía xérase a partir dun dispositivo de material piezoeléctrico introducido nunha canalización de gas e que interactúa co fluxo estrutural xera enerxía. 
  • Voo óptimo (2017-2018)

    Realización de voo sen piloto con tecnoloxía líder para identificar as características óptimas de voo e avanzar na dixitalización das redes eléctricas , ademais de obter información para medir a súa distancia con afeccións próximas: vexetación, estradas, etc.
  • Bot Servizo Atención ao Cliente (2017)

    Creación dun bot para a canle online da compañía para mellorar o Servizo de Atención ao Cliente. Con este robot lóxico, os clientes son acompañados e informados nos procesos de cambio de titular e cambio de comercializadora.
  • Control de enerxía: Gas en Arxentina. (2017-2018)
    Desenvolvemento dun modelo de predición de consumos de gas para os clientes domésticos de Naturgy en Arxentina que axude a relacionar a información sobre os volumes de consumo que se esperan dos clientes e a realidade destes. 
  • Control de enerxía: MT/AT España (2017)
    Implantación dunha ferramenta de caracterización da rede de MT/AT eléctrica en España e un modelo de predición de consumos eléctricos con técnicas de Machine Learning, análise de grafos, data Discovery e enriquecemento de datos de fontes externas. 
  • Control de enerxía: GNV Brasil (2017)

    Implantación dun modelo preditivo para as estacións de gas natural vehicular  (GNV) situadas en Brasil, o que permite dispoñer de información abondo para un control e xestión completa da enerxía subministrada e a enerxía consumida. 

Outras liñas tecnolóxicas

Xeración


Saber más

Redes


Saber más
 

Clientes


Saber más

GNL


Saber más
 

rgpdactive true

argssite - CORP