Clientes


Neste ámbito, a compañía céntrase en  proporcionar servizos enerxéticos sustentables  e para iso traballa, por unha parte,  en mellorar os procesos para aumentar a eficiencia enerxética en todos os elos da nosa cadea de valor e, por outra, enfocándose nos clientes, proporcionándolles toda a información co fin de ofrecerlles servizos personalizados e de valor engadido

Smart Client


Na área de Smart Client, a compañía mantense centrada en proporcionar produtos e servizos de alto valor engadido para as diferentes tipoloxías de clientes finais. 


 GEDIS e Autoconsumo


A área de Smart Client está a desenvolver un sistema de xestión enerxética intelixente para o usuario que se baseará en predicións de xeración renovable, de prezos eléctricos e de curvas de carga obtidos mediante algoritmos de autoaprendizaxe. 
 

 Integración novas solucións


Solucións dixitais e produtos IoT que permitan segmentar e coñecer mellor aos nosos clientes co obxectivo de ofrecerlles recomendacións e produtos, ademais de servizos personalizados. En todas estas iniciativas, intégrase a información dos datos dos nosos clientes a través de aplicacións móbiles corporativas.
 

 Data Analytics


O seu principal obxectivo é dotar da importancia necesaria aos datos a través de ferramentas innovadoras, como Machine Learning (baseada en algoritmos que autoaprenden). Deste xeito, a partir duns datos iniciais, pódese obter información moi útil segundo cada caso de uso aplicado e negocio en cuestión.

Eficiencia enerxética



A compañía céntrase en mellorar os procesos para aumentar a eficiencia enerxética en todos os elos da cadea enerxética, enfocándose nos clientes, proporcionándolles información e servizos que lles axuden a mellorar a súa eficiencia e a reducir o impacto ambiental dos seus hábitos e consumos enerxéticos. 

Dentro das solucións enerxéticas para mellorar a eficiencia enerxética nos edificios, a compañía traballa dende hai anos con solucións que combinan a redución de consumo enerxético coa mellora do confort destes. Da mesma forma, a compañía céntrase en mellorar os procesos para aumentar a eficiencia enerxética en todos os elos da cadea enerxética e enfocándose nos clientes

 Monitorización


Implantación de sistemas de monitorización e control enerxético para os sectores residencial e terciario.
 

 Aplicacións e tecnoloxías innovadoras


Impulso do desenvolvemento e posta a punto de aplicacións e tecnoloxías innovadoras que melloren a eficiencia enerxética e sexan economicamente competitivas.
 

  Ampliación do catálogo de servizos


Actualización constante do catálogo de produtos que achegan solucións eficientes.
 

 Colaboración público-privada


Colaboración con entidades públicas e privadas de investigación e desenvolvemento en proxectos piloto de demostración tecnolóxica.

Mobilidade

Naturgy continúa a súa aposta polas solucións de mobilidade baseadas no gas natural e outras fontes renovables, xa que contribúen a mellorar a calidade do aire nas cidades e a reducir emisións no sector do transporte. 

 Infraestrutura nacional de carga de gas natural


Desenvolvemento a ámbito nacional dunha infraestrutura de carga de gas natural de uso público co obxectivo de achegar esta tecnoloxía a toda a sociedade.


 Corredor europeo de transporte con GNL


Participación en diversos programas da Unión Europea que teñen como obxectivo dotar a Europa de corredores de transporte onde sexa posible o transporte por estrada con camións que utilicen GNL.

 

 Impulso ao uso do gas natural vehicular


O gas natural vehicular, tanto na súa forma comprimida como na súa forma líquida, álzase como unha alternativa eficaz de mobilidade sustentable, xa que conxuga, en equilibrio, importantes vantaxes medioambientais (a través da redución de emisións e dunha menor contaminación acústica) e económicas, polo que é a única alternativa aos derivados do petróleo en todos os tipos de transporte.


  Impulso ao uso marítimo do GNL


Accións encamiñadas a impulsar o uso do gas natural como combustible en  diferentes recintos portuarios de España. 
 

 Impulso ao uso ferroviario do GNL


Dentro do sector ferroviario, estase a desenvolver unha iniciativa para levar a cabo a primeira proba piloto de tracción ferroviaria con gas natural licuado (GNL) de Europa
 

 Eficiencia enerxética e económica das estacións de GNL


A compañía promove a mellora da eficiencia enerxética e económica das propias estacións de subministración, co fin de facelas máis sustentables.
 

Proxectos

  • Smart Client

    GrowSmarter (2015 - 2019)


    GrowSmarter é un proxecto europeo cuxo obxectivo é aplicar unha combinación de tecnoloxías para impulsar o aforro enerxético, a diminución do impacto ambiental e a mellora da calidade de vida en contornos Smart City a modo piloto.  

    Saber más
  • Eficiencia enerxética

    COFAST (2014-2018)


    O seu obxectivo é desenvolver e lanzar ao mercado unha nova solución de estacións de carga rápida de vehículos eléctricos. A enerxía que se subministrará aos vehículos provirá dun sistema de coxeración a pequena escala alimentado a gas natural. 

    Saber más
  • Eficiencia enerxética

    PIDIM (2017-2019)



    Desenvólvese unha plataforma intelixente de deseño de instalacións de xeración distribuída de electricidade para a rehabilitación enerxética de edificios con consumo significativo, como hoteis, oficinas, escolas, centros deportivos e locais

    Saber más
  • Eficiencia enerxética

    Reuseheat (2017-2021)


    Co obxectivo de reducir a enerxía convencional demandada polos edificios mediante o aproveitamento de calores residuais, este proxecto persegue desenvolver e demostrar tecnoloxías de recuperación de calor en contornas urbanas. 

    Saber máis
  • Smart Client

    Proxecto DiPCa (2017-2018)


    O proxecto DiPCa está enfocado en poder crear un sistema diagnóstico preditivo de erros máis frecuentes en caldeiras murais de gas en residencial, a partir de sensorización multivaribale, o que permitirá optimizar o servizo ofrecido aos nosos clientes. 

      Saber máis
  • Smart Client 

    inteGRIDy (2017-2020)


    Este proxecto valida unha ferramenta de xestión da demanda, almacenamento e xeración distribuída. Intégrase a optimización enerxética no que respecta a edificio (almacenamento e xeración) e a agregación da flexibilidade de activos para a participación nos mercados eléctricos.
  • Smart Client

    Stardust (2017-2022)



    Este proxecto europeo Smart City do Horizon 2020 desenvólvese en Pamplona, Trento (Italia) e Tampere (Finlandia). O seu obxectivo é a integración intelixente de solucións técnicas modelos de negocio innovadores que contribúan ao modelo Smart City.
  • Smart Client 

    RemBAP
    (2017-2020)


    O proxecto Rem BAP desenvolve unha ferramenta de xestión enerxética para pemes que utiliza datos de contadores intelixentes que permiten: segmentar os usuarios en función da súa eficiencia e propoñer medidas e actuacións masivas para mellorala. 
  • Eficiencia enerxética

    Edificios de enerxía case nula (2016-2020)

    Desenvolvemento de  solucións innovadoras para a rehabilitación enerxética de edificios. O obxectivo é que as rehabilitacións enerxéticas minimicen a demanda de enerxía e maximicen a achega de enerxías renovables e residuais.
  • Eficiencia enerxética

    Bomba de calor dual (2017-2018)


    Desenvolvemento de modelos de control de operación que permiten ás bombas de calor duais (gas natural/electricidade) competir con máquinas eléctricas, o que reduce custos, emisións de CO2 e facilita a xestión activa da demanda eléctrica na rede.
  • Mobilidade

    Tren Loxístico sustentable TLS. 2017-2018

    Promove unha solución económica para a xestión sustentable da “última milla” loxística, onde a difusión de servizos para clientes é frecuente que se encontre en recintos de acceso restrinxido ao tráfico, tales como zonas históricas ou zonas peonís. 
  • Mobilidade

    HE-GNV (2017 – 2018)


    Desenvolvemento dun proceso de hibridación de estacións de recarga de gas vehicular, con recarga eléctrica rápida, co obxectivo de optimizar a utilización de infraestruturas existentes e reducir os custos operativos, en especial o termo de potencia.
  • Mobilidade

    Mobilidade ferroviaria con GNL (2014-2018)

    Fíxose a proba piloto con motor GNL nun tren autopropulsado do parque diésel de Feve (2600) nun tramo de 20 km entre Trubia e Baíña en Asturias. En liña con esta iniciativa, lanzouse un segundo proxecto sobre locomotoras da serie 1600. 


     

Outras liñas tecnolóxicas

Xeración


Saber más

Redes


Saber más
 

Clientes


Saber más

Automatización


Saber más

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.