Gas natural licuado (GNL)


O obxectivo principal neste ámbito é fortalecer a infraestrutura de transporte,almacenamento e distribución do gas natural licuado (GNL), a todas as escalas, para impulsar o seu uso como combustible alternativo aos derivados do petróleo e como solución para o transporte por estrada, ferroviario e marítimo.

O GNL presenta significativas vantaxes, xa que contribúe a reducir a contaminación medioambiental e diminúe as emisións de dióxido de carbono (CO2), dióxido de xofre (SO2) e partículas contaminantes. Por este motivo, o GNL está chamado a desempeñar un importante papel na transición cara a unha economía descarbonizada, tal e como o considera a Unión Europea nos seus últimos plans estratéxicos

Liñas de actuación

 Optimización loxística GNL. Small Scale
 

Desenvolvemento de novas solucións optimizadas, tanto dende o punto de vista de transferencia e recarga do GNL, (carga e descarga), como de equipos e procedementos que garantan a cantidade e calidade do combustible transferido (metroloxía do GNL). 
 

 Desenvolvemento do GNL como combustible de transporte máis limpo e eficiente. Bunkering


O noso obxectivo principal neste ámbito é impulsar o seu uso como combustible alternativo. Especial interese cobra a utilización de GNL como combustible marítimo, debido ás grandes potencias e consumos de combustible demandados por este sector e as súas, cada vez máis, esixentes restricións ambientais. Traballamos no desenvolvemento de novas solucións de loxística de recarga de buques (bunkering), que permitan, tanto a curto como a medio e longo prazo, dotar aos portos dunha adecuada infraestrutura loxística de abastecemento de GNL.


 Desenvolvemento da medida do GNL

O desenvolvemento da loxística do GNL, na operación de transferencia e venda de enerxía, require contar cunha adecuada metroloxía, tanto da cantidade como da calidade do produto. Estamos implicados en diferentes proxectos de relevancia mundial que permitirán establecer un novo marco metrolóxico estable que facilitará as operacións comerciais.

Proxectos 

  • DirectLink LNG (2016-2017)

    O Sistema de Transferencia Universal Flotante (UTS) é unha solución integral patentada para a transferencia e bunkering de GNL de buque a terra, alternativa a custosas infraestruturas tradicionais (porto e peirao) e con mínimo impacto medioambiental. 


    Saber más
  • LNG on wheels (2017-2018)


    Desenvolvemento dun buque portacamións cisterna de GNL capaz de reabastecerse dende un Small Carrier off-shore, nun fondeadoiro próximo a un porto comercial. Unha vez no porto, o GNL é distribuído directamente a través de camións cisterna.

  • Espectroscopia Raman (2016-2018)

    Análise da viabilidade de medir a composición do gas natural licuado (GNL) en fase líquida, sen necesidade de vaporizalo coa tecnoloxía de espectroscopia Raman, que na actualidade soamente se estaba a aplicar no sector químico e farmacéutico. 
     
     
  • Multiple Truck  to Ship (2015-2017)
     
    Implantación do concepto Multiple Truck to Ship (MTTS), baseado na descarga simultánea de varias cisternas e que conta cuns caudais de trasfego que conseguen tempos de carga sempre óptimos, e cuxa viabilidade técnica quedou demostrada.
     

Outras liñas tecnolóxicas

Xeración


Saber más

Redes


Saber más
 

Clientes


Saber más

Automatización


Saber más

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.