Proxecto Power2Biomethane
Que é?
Trátase do desenvolvemento dun sistema de xeración de biometano totalmente renovable, a partir de CO2 e de enerxía eléctrica proveniente de verteduras de enerxía renovable mediante un proceso bioelectroquímico en pilas Microbial Electrochemical System (MES).

Durante a duración do proxecto desenvolveranse dúas actividades principais en paralelo:
Desenvolvemento dun stack de celas MES (Microbial Electrochemical systems) a escala laboratorio
Desenvolvemento dun sistema de control eléctrico do convertedor de stack MES para xestión de potencia de 20 kW

Obxectivos
O principal obxectivo deste proxecto é desenvolver un sistema de almacenamento de enerxía, explicitamente do exceso de produción de enerxía renovable, en forma de biometano producido a partir dun efluente rico en CO2 (biogás) mediante un proceso bioelectroquímico. Desta forma, POWER2BIOMETHANE ofrece unha solución para xestionar o exceso de produción de enerxía renovable e diminuír as emisións de CO2 xerando biometano totalmente renovable e sustentable.
Durante o proxecto desenvolverase un prototipo formado por un sistema que solubilizará o CO2 en augas residuais, ensamblado a pilas bioelectroquímicas do tipo MES, e un sistema de control de potencia para integrar o prototipo a unha microrrede de enerxías renovables.
Beneficios
Transferir enerxía eléctrica excedentaria a gas natural sintético
Permitir unha maior penetración de enerxías renovables
Reducir gases de efecto invernadoiro e dependencia enerxética
Realizar prototipos a maior escala coa rede eléctrica renovable
Participación
Trátase dun proxecto lideradopor Naturgy e o consorcio compóñeno outras 3 entidades: DUTT, Universidade Politécnica de Cataluña (UPC) e LEITAT. Forma parte da convocatoria RETOS 2016 do MINECO.




