Proxecto Sibila
Que é?
-
Obxectivo
O fomento das enerxías renovables que dote ás empresas xeradoras e xestoras, e ao sistema eléctrico no seu conxunto, de ferramentas de control e xestión que permitan a participación nos mercadosdas plantas xeradoras de enerxía eléctrica a partir de renovables, en condicións óptimas. -
Participación
Desenvolverase un sistema AGC (Control Automático de Xeración) multitecnoloxía no que se integren tanto as tecnoloxías convencionais de xeración eléctrica como as tecnoloxías renovables, ademais dun sistema preditivo que axude á toma de decisións nas plantas xeradoras sobre a estratexia óptima da súa participación nos mercados eléctricos. -
Feder Interconecta é unha convocatoria enmarcada no Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos retos da sociedade. Está liderado por Isotrol. Participan, ademais, Naturgy e Green Power Technologies, e conta coa colaboración dos organismos AICIA (Universidad de Sevilla) e IIT (Universidad Pontificia de Comillas).
Financiamento
Este proxecto foi apoiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, ten un orzamento total de 1.844.422 € e está subvencionado polo CDTI e cofinanciado pola Unión Europea mediante fondos FEDER, a través do programa INNTERCONECTA 2016-2018





