Realidade Virtual para a formación en operacións de risco
Que é?
A Realidade Virtual permite crear dixitalmente mundos virtuais por medio do ordenador cunha aparencia de realidade, o que posibilita ao usuario ter a sensación de estar inmerso. A sensación de presenza conséguese proporcionando información adecuada aos nosos sentidos (vista, oído, etc.)
Para nós é importante poder virtualizar determinadas operacións en campo repetitivas e de risco, xa que serve de axuda na formación dos operarios para enfrontarse a estas situacións sen poñer en perigo a súa vida e para que sexan capaces de reaccionar ante situacións complexas.
Neste sentido, seleccionamos operacións en tres ámbitos distintos para realizar unha primeira aproximación:
Distribución de gas. Operación nunha planta de Gas Natural Licuado (GNL) de descarga con bomba e sen bomba
Distribución de electricidade. Conexión e desconexión dun grupo electróxeno en centros de Baixa Tensión (BT)
Servizos compartidos. Operación de cambio de contador de gas
Por que agora?
Tipos de Realidade Virtual
Inmersiva | Semiinmersiva | Non inmersiva | |
Simular fisicamente a presenza do usuario nun contorno:
Virtual ou imaxinario
Con espazos físicos ou contornos multiproxectos
Xerando imaxes realistas, sons e outras sensacións |
|||
Sensores: xiróscopos de movemento, etc.
Pantallas estereoscópicas
Alta capacidade de procesamento
Soporte lóxico específico para a simulación
Maduros: HTC Vibe, Oculus, etc.
Evolución cara aos novos sensores
|
-
Obxectivos
Novos modelos de formación
Aplicar Realidade Virtual nos procesos de formación implicará un cambio na percepción do usuario, ao ser esta moito máis inmersiva que a formación tradicional. Para que a formación destes operadores sexa efectiva, é necesario que a virtualización dos escenarios sexa o máis realista posible.Seguridade no traballo
A integración dos diferentes riscos no desenvolvemento das operacións é imprescindible. Deste xeito, os operarios poderán reaccionar ante as adversidades que se presenten nestas operacións frecuentes e tamén poderán adestrar os diferentes pasos que se levan a cabo nelas.
Transformación dixital
Con estes tres pilotos preténdese avaliar a madureza tecnolóxica da realidade virtual, utilizar esta tecnoloxía como panca de innovación e avaliar a aceptación dos empregados e operadores da tecnoloxía.
-
Vantaxes
Dar formación e adestramento aos operarios de forma homoxénea e segura
Crear contornos con condicións á medida
Personalizar os produtos, coñecelos e posicionalos antes de compralos
Dar unha experiencia de cliente única
Impulsar a transformación dixital