Xeración
Apostamos por un mix enerxético equilibrado e unha xestión eficiente dos combustibles fósiles e dos recursos renovables, de forma que as tecnoloxías de xeración sen emisións (renovables e hidráulica) e as tecnoloxías de baixas emisións (ciclos combinados e coxeración) representen un volume significativo da capacidade total instalada.
Enerxía eólica
As iniciativas que a compañía está a desenvolver neste ámbito están enfocadas en dúas áreas principais: por un lado, na monitorización do estado dos activos, a través de sistemas de medición, modelos intelixentes e tratamento de datos para mellorar a monitorización e o diagnóstico das plantas e, por outro, manter e optimizar o rendemento das instalacións a través da implantación ou test de melloras.
Enerxía hidráulica
A compañía aposta pola implantación de novas tecnoloxías tanto en áreas de control medioambiental como no establecemento de sistemas de mobilidade e monitorización remota, sen esquecer a mellora do rendemento das súas instalacións hidráulicas.
Enerxía fotovoltaica
A compañía impulsa unhas iniciativas que abordan a xestión automatizada e intelixente da información ambiental, a eficiencia enerxética e, en definitiva, o desenvolvemento da tecnoloxía fotovoltaica.
Almacenamento
As actividades de innovación na área de almacenamento oriéntanse cara a un aumento aínda maior da calidade e fiabilidade da subministración, en desenvolver solucións conxuntas cos clientes e, así mesmo, en permitir unha maior e máis doada integración na rede da electricidade de orixe renovable.
Enerxía termoeléctrica
A compañía, no seu compromiso por minimizar o impacto que poida ocasionar a actividade industrial onde opera, está a realizar diferentes desenvolvementos tecnolóxicos nas súas instalacións. Ademais, continúa trabando na mellora da eficiencia nas súas plantas de carbón e de ciclos combinados adoptando solucións que lles permitan alongar a vida útil das súas instalacións
Proxectos
-
Renovables
SIAR
(2013-2017)
O Sistema de Información Ambiental de Renovables (SIAR) permite centralizar a información ambiental existente das instalacións renovables, accesible en tempo real e no que se poden realizar consultas e análise de resultados ou tendencias.
-
Eólica
Proxecto Windex
(2017-2019)
Sensorización e desenvolvemento de ferramentas de tratamento da información co obxectivo de ampliar a vida útil e estrutural dos parques eólicos a partir dunha tecnoloxía de medición de vibracións e outros parámetros que empregan fibra óptica. -
Eólica
Hibridación Renovable-Almacenamento.
Implantación dun sistema de xestión da enerxía xerada nun parque eólico para un piloto que hibride o almacenamento coa xeración , ademais de complementar as prestacións dunha planta convencional con novas capacidades.
(2017-2020) -
Eólica
Monitorización de Cargas en aeroxerador (2017-2018)
Desenvolvemento dunha plataforma para monitorizar os desprazamentos na base do aeroxerador e a variación relativa de cargas en distintos modos de funcionamento para determinar a idoneidade dun cambio da súa configuración. -
Eólica
LORA Sensorización aeroxerador con tecnoloxía
Plataforma low cost que ten como obxectivo que o equipo, previamente configurado, sexa capaz de dar alarmas ao saír de determinadas condicións de contorno seguras mellorando o seguimento do estado dos compoñentes dos aeroxeradores.
(2017-2019) -
Fotovoltaica
Big Data / IoT en Coxeracións e Fotovoltaicas
Implantación dun servizo de adquisición e xestión de datos dos PLC das plantas de Coxeración e Fotovoltaicas. O obxectivo é automatizar os procesos e realizar mantementos preditivos a partir da información recollida.
(2017-2019) -
Fotovoltaica
Optimización térmica de parques fotovoltaicos (2016-2017)
Optimización do rendemento de paneis fotovoltaicos mediante refrixeración pasiva. Neste proxecto introdúcese a variable meteorolóxica, xa que afecta directamente a refrixeración dos paneis e resulta de utilidade ao realizar ofertas de enerxía nos mercados. -
Fotovoltaica
Laboratorio Solar Fotovoltaico (Durango, México) (2017-2018)
Este laboratorio avalía os parámetros máis importantes de operación e mantemento dos paneis solares no mercado mundial. Ofrece novas solucións sustentables e fortalece o Grupo nos novos mercados enerxéticos. -
Hidráulica
CC Integrado de Hidráulicas
(2014-2017)
O Centro de Control Integrado (CCI) de Hidráulicas usa as tecnoloxías máis avanzadas para a xestión centralizada e a supervisión telemandada das 51 centrais hidroeléctricas e 23 grandes presas da compañía en España. -
Hidráulica
SIMAE
(2014-2018)
Desenvolvemento dun sistema autónomo de análise de mostras da auga dos encoros que envía os resultados de forma telemática. A súa análise por un sistema experto permite modelizar o comportamento do encoro e predicir eventos medioambientais. -
Hidráulica
CBM Encoros de Belesar e Bolarque
Aplicación dunha metodoloxía que permite reducir a carga de traballo e custo do mantemento, substituíndo tarefas de mantemento preventivo por preditivo naqueles equipos que sexa técnica e economicamente adecuado. -
Almacenamento
Baterías para Hibridación Renovable
Implantación dun sistema de almacenamento con baterías nos parques eólicos de La Vega I e II (Zamora) para probar en condicións reais o seu funcionamento e explorar as súas posibilidades reais para mellorar a xestión deste tipo de plantas e similares.
(2016-2017) -
Termoeléctrica
Optimización de combustión a través de láseres (2017)
Trátase dun novidoso sistema de Optimización da Combustión baseado en tecnoloxía láser, que contribúe a reducir as emisións de NOx na Central Térmica de Meirama. Ademais, permítelle incrementar o seu rendemento, así como alongar a vida útil da caldeira. -
Termoeléctrica
Redes neuronais (2017-2018)
O proxecto estase a levar a cabo na Central Térmica de La Robla, e está enfocado na instalación dun sistema experto, baseado en redes neuronais, que ten como obxectivo a redución dos valores de NOx dados pola combustión.