África - Naturgy - Coñécenos

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

África

Alxeria

mapa Argelia

NMantemos relacións comerciais de compra e venda de gas en numerosos países, entre os cales destaca Alxeria, principal provedor de gas natural do Grupo, de onde parte o gasoduto MEDGAZ, no que a compañía ten unha participación do 49%, tras cerrar no mes de abril de 2020 a compra do 34% a Mubadala.
  
Tras esta operación, a sociedade pasou a ser propiedade exclusiva de Naturgy (co 49%) e de Sonatrach (51%). O gasoduto MEDGAZ inaugurouse en 2011 e permite conectar os depósitos alxerianos de Hassi R'Mel coa rede española de gasodutos, tras realizar un percorrido por Alxeria, cruzar o mar Mediterráneo e chegar a Almería.

Trátase dun proxecto internacional e multidisciplinar que se presenta como a vía máis directa e económica de aprovisionamento de gas natural ao sur de Europa, beneficiando  así ao consumidor final, e unha contribución positiva aos obxectivos marcados no Protocolo de Quioto, ao achegar unha enerxía limpa, como é o gas natural.

 

Medgaz

Marrocos

Mapa Marruecos
Vista canalización durante a construción do gasoduto

A actividade de Naturgy en Marrocos céntrase principalmente na operación do tramo marroquí do gasoduto Magreb-Europa (GME), que une os xacementos alxerianos de Hassi R´Mel coa rede española de gasodutos. 

Este gasoduto é unha canalización de 1.400 quilómetros de lonxitude e de 48 polgadas de diámetro que percorre Marrocos dende o xacemento alxeriano de Hassi R’Mel e atravesa o estreito de Xibraltar ata chegar á Península Ibérica, onde se conecta cunha extensa rede europea de gasodutos. EMPL opera o tramo marroquí, de 540 km.

Europe Maghreb Pipeline Limited (EMPL) foi constituída en xullo de 1992 co obxecto de promover, financiar e operar o Gasoduto Magreb – Europa a través de Marrocos. Por outra parte, tamén en xullo de 1992, constituíuse Metragaz para realizar, nun primeiro momento, a actividade de construción e, unha vez que o gasoduto entrou en funcionamento, a actividade de operación e mantemento das instalacións do gasoduto por conta de EMPL.

En ambas as dúas, Naturgy é propietaria de aproximadamente o 77%.

Sagane é a sociedade a través da cal Naturgy participa en Metragaz (76,68%) e en EMPL (77,2%), compañías encargadas da xestión do gasoduto ao seu paso por Marrocos.



Europe Maghreb Pipeline Limited




 

rgpdactive true

argssite - CORP