Presenza no resto de Europa


Operamos en 8 países europeos, ademais de España. Descubre que actividades realizamos en Francia, Portugal, Irlanda e Reino Unido. 

Francia

mapa de Francia
estación de servizo

Comercializamos gas natural no mercado francés dende o ano 2005. Contamos cunha carteira contratada con clientes de diversos ámbitos, que van dende empresas do sector industrial (químicas, papeleiras, etc.) ata autoridades locais e do sector público.

O obxectivo marco é conseguir relacións a longo prazo cunha ampla e variada carteira de clientes. O contacto persoal co cliente, o apoio destinado a adaptarse ás súas necesidades e os seus prezos competitivos son elementos distintivos da división francesa.

Así mesmo, contamos coa planta de regasificación de Montoir, na costa noroccidental de Francia, operada por Elengy, o que nos permite incrementar a nosa actividade de venda de gas natural ao mercado almacenista europeo.

Ademais, empezamos a venda de gas natural licuado para industriais e transportistas, polo que fomos elixidos en 2018 como o segundo mellor provedor de gas natural para profesionais por CLEEE e FNCCR.

Naturgy en Francia

Irlanda

mapa de Irlanda
muíños de vento en Irlanda

Adquirimos en xullo de 2016 a comercializadora irlandesa Vayu, unha compañía de comercialización de gas e electricidade a clientes comerciais e industriais que tamén realiza a compravenda de enerxía renovable con pequenos produtores.

Vayu, que tamén opera en Reino Unido, ten unha cota de comercialización de grandes clientes industriais e comerciais de gas en Irlanda do 19.8%.

En canto á cota de comercialización de electricidade, esta sitúase arredor do 3,6%

Naturgy en Irlanda

Portugal

mapa de Portugal

En Portugal, somos o segundo subministrador de gas natural do país cunha cota superior ao 15%, mantendo a nosa posición como primeiro operador estranxeiro do país. Con iso, consolidamos o noso liderado na Península Ibérica ás portas da creación do mercado único ibérico (MIBGAS).

Obtivemos a licenza de comercialización de gas en Portugal durante o primeiro trimestre de 2008, tras solicitar o rexistro como empresa comercializadora para Gas Natural Comercializadora, converténdonos nunha das primeiras empresas estranxeiras en ser rexistrada como comercializadora de gas natural no mercado portugués e no primeiro operador gasista relevante europeo en lograr esta licenza. Dende 2016 subministramos tamén solucións de eficiencia enerxética.

O noso posicionamento como operador enerxético en Portugal é froito do éxito da nosa integración con Unión Fenosa, grazas á nosa consolidada implantación nese país. Unión Fenosa Comercial operou no mercado libre eléctrico de Portugal dende o ano 2004. En xuño de 2013 esa sociedade foi liquidada e escindida a favor de Naturgy Comercializadora e Naturgy Servizos, e, actualmente, conta con oficinas en Lisboa e Porto. 

Naturgy en Portugal




 

Reino Unido

mapa Reino Unido

Naturgy Ireland é un distribuidor e provedor autorizado de gas natural no mercado enerxético de Gran Bretaña e subministra gas natural a usuarios de gas industriais e comerciais no país.

Naturgy en Reino Unido

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.