Gas Natural Fenosa consegue o selo ‘Reduzco’ do Ministerio de Medio Ambiente por recortar un 3,2% as súas emisións - Naturgy - Sala de prensa

Gas Natural Fenosa consegue o selo ‘Reduzco’ do Ministerio de Medio Ambiente por recortar un 3,2% as súas emisións

 

  • O Ministerio de Medio Ambiente outorga este selo a aquelas compañías que rexistraron a súa pegada de carbono un mínimo de catro anos e que ademais conseguen unha redución de emisións.
  • Gas Natural Fenosa apoiou o rexistro da pegada de carbono dende os seus inicios en liña co seu compromiso co medio ambiente.


Gas Natural Fenosa conseguiu o selo ‘Reduzco’ que outorga o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente por recortar as emisións de CO2 da compañía nun 3,2%.

O Ministerio fai entrega deste selo en función dos datos que constan no rexistro de pegada de carbono. O selo está reservado ás compañías que rexistraron a súa pegada de carbono un mínimo de catro anos, e que ademais conseguen unha redución media de emisións totais nese período.

O selo ‘Reduzco’ nace cunha dobre finalidade. Por un lado, facilita que as organizacións demostren a súa participación no rexistro e, por outro lado, permite reflectir o grao de esforzo acometido por estas na loita contra o cambio climático.

Gas Natural Fenosa apoiou o rexistro de pegada de carbono do Ministerio dende os seus inicios. A compañía vén publicando ininterrompidamente dende o 2009 o seu Informe de Pegada de Carbono, en liña co seu compromiso coa transparencia informativa e a súa Estratexia de Medio Ambiente.

Gas Natural Fenosa é unha compañía preocupada por loitar contra o cambio climático. Así, dende o ano 2014, forma parte do MSCI Global Climate Index como líder na mitigación do Cambio Climático e é líder no índice internacional de CDP. Adicionalmente, a compañía obtivo o liderado no sector gas utilities do índice de sustentabilidade Dow Jones Sustainability Index e ocupa tamén posicións destacadas noutros índices de sustentabilidade, como o FTSE4Good, no que está dende 2001, ou en dúas variantes de Vigeo (Euronext120 e Eurozone 120).


Ámbito e tema: España, Medio ambiente e sostibilidade


Madrid, 27 de febreiro de 2018

 

rgpdactive true

argssite - CORP