Gas Natural Fenosa fortalece a súa relación con Sonatrach ao estender os contratos de compra de gas alxeriano ata o ano 2030 - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Gas Natural Fenosa fortalece a súa relación con Sonatrach ao estender os contratos de compra de gas alxeriano ata o ano 2030

 
  • A alianza entre ambas as dúas compañías asegura a subministración estable de gas a España cunha mellora das condicións.
  • A renovación dos contratos de aprovisionamento con Sonatrach representa máis do 40% do aprovisionamento de GAS NATURAL FENOSA.
 

GAS NATURAL FENOSA e SONATRACH (a compañía alxeriana Sociéte Nationale pour la Recherche, la Production, le Transport, la Transformation et la Commercialisation des Hydrocarbures, S.p.A) asinaron un acordo de renovación, con alcance ata o ano 2030, de subministracións de gas a España provenientes de Alxeria, que actualmente representan máis do 40% do aprovisionamento de GAS NATURAL FENOSA.

“Esta sinatura é un paso importante para seguir reforzando a alianza estratéxica histórica con Sonatrach. Ademais, é, sen dúbida, un logro significativo nas relacións con Alxeria, xa que a través desta renovación se asegura estabilidade na subministración de gas a España”, sinalou Francisco Reynés, presidente de GAS NATURAL FENOSA.

Ademais de contribuír á seguridade de subministración do mercado español, afiánzase un volume de subministración por gasoduto a España no contorno do 30% do consumo do país e mantense unha repartición óptima de gas natural (GN) e gas natural licuado (GNL) no mix de aprovisionamentos.

Coa renovación, a relación de GAS NATURAL FENOSA, como líder na comercialización en España, e SONATRACH, como primeiro provedor de gas a España, esténdese unha vez máis e supera os 40 anos de andaina en común.

GAS NATURAL FENOSA foi un dos primeiros operadores mundiais en apostar pola subministración de gas alxeriano e, neste momento, é un dos dous principais clientes de SONATRACH a ámbito mundial. Á súa vez, a partir dos acordos alcanzados en xuño de 2011, a compañía alxeriana é a cuarta accionista de GAS NATURAL FENOSA cunha participación do 4%.

As negociacións para a extensión dos contratos permitiron chegar a uns acordos vantaxosos para as dúas partes.

Ámbito e tema: Corporación, Negocio gasInternacional

Madrid, 14 de xuño de 2018.

rgpdactive true

argssite - CORP