Gas Natural Fenosa lanza o primeiro sistema de transferencia de GNL flotante universal do mundo - Naturgy - Sala de prensa

Gas Natural Fenosa lanza o primeiro sistema de transferencia de GNL flotante universal do mundo


  • Trátase do proxecto DirectLink LNG, o primeiro sistema flotante de transferencia de GNL (gas natural licuado) Ship to Shore do mundo.

  • A compañía revoluciona con esta iniciativa o sector do GNL de pequena e mediana escala no mundo respondendo ás necesidades do mercado.

GAS NATURAL FENOSA, en liña coa súa firme aposta pola innovación, desenvolveu un sistema único no mundo para a transferencia de GNL (gas natural licuado). Esta infraestrutura é un sistema flotante, recoñecido con diferentes patentes e en exclusividade, consistente nunha plataforma que dispón dun sistema de unión compatible con calquera tipo de barco metaneiro. Unha vez conectado ao barco, o GNL é transferido a terra, de forma segura e eficiente, a través dunhas mangueiras crioxénicas flotantes. Tanto o sistema de unión, que se aplicou de forma offshore por primeira vez no mundo, coma as mangueiras crioxénicas flotantes constitúen dous feitos que poñen en evidencia o aspecto innovador da plataforma.

A infraestrutura, implantada en colaboración co tecnólogo noruegués Connect LNG, foi deseñada e fabricada nun tempo récord, apenas 6 meses, nun estaleiro de Brevik (Noruega), dende onde foi remolcada ata a localidade norueguesa de Herøya, onde se realizou a primeira operación de descarga con éxito absoluto, o que demostrou a súa funcionalidade, versatilidade e rápida posta en servizo.

Este sistema, denominado DirectLink LNG, froito da análise das necesidades do mercado, permite a descarga de gas natural licuado de barco a terra sen que sexan precisas custosas infraestruturas fixas (porto e peirao, por exemplo) e cun mínimo impacto medioambiental. Desta forma, dáse resposta á necesidade daqueles clientes que requiren subministración de gas natural en situacións onde aínda hoxe non é económica ou medioambientalmente viable, facendo posible que esta enerxía chegue a lugares remotos ou de difícil acceso, e facilitando a apertura de novos mercados. Esta solución non require ningún tipo de modificación nos barcos metaneiros existentes e permite reducir os tempos de acceso á enerxía no mercado e para os destinatarios.

Esta aposta de GAS NATURAL FENOSA é pioneira no mundo e supón dispoñer dun elemento único e diferenciador no sector, que permitirá un rápido desenvolvemento na subministración de GNL a pequena e mediana escala, xa que proporciona aos usuarios finais o acceso a unha fonte de enerxía económica, segura e respectuosa co medio ambiente. O sistema flotante, en combinación coas infraestruturas en terra (que completan a solución DirectLink LNG), é unha solución flexible, escalable e que permitirá satisfacer as demandas presentes e futuras de clientes.

“Empezamos cunha idea innovadora, convertida nunha realidade en tempo récord. Hoxe é unha solución única que nos vai permitir revolucionar o mercado de pequena e mediana escala do gas natural licuado nos próximos anos e a ámbito mundial, unha solución integral impulsada en exclusiva por Gas Natural Fenosa cunha morea de posibilidades,” afirma José Miguel Moreno Blanes, director do proxecto en Gas Natural Fenosa.

Sobre Gas Natural Fenosa

GAS NATURAL FENOSA é unha multinacional líder no sector de enerxía, pioneira na integración de gas e electricidade, e presente en máis de 30 países. O grupo presta servizos a preto de 22 millóns de clientes en cinco continentes e opera unha capacidade instalada de xeración de electricidade de 15,5 GW cun diversificado mix de tecnoloxías.

Ámbito e tema: España, GNL

 
Madrid, 5 de xaneiro de 2018

rgpdactive true

IDSFACTURA - NATURGYFACTURA

IDSPAGE - 1477680786812

argssite - CORP