Gas Natural Fenosa nomena Raúl Suárez nou director d’Unión Fenosa Distribución - Naturgy - Sala de prensa

Gas Natural Fenosa nomea a Raúl Suárez novo director de Unión Fenosa Distribución

  • A compañía distribuidora de electricidade investiu máis de 750 millóns de euros no período 2015-2017 para reforzar a rede e mellorar a calidade de subministración

A Dirección Xeral de Negocios Regulados de GAS NATURAL FENOSA nomeou a Raúl Suárez Álvarez como novo director de Unión Fenosa Distribución, filial distribuidora de electricidade da multinacional enerxética en España. Suárez ten previsto continuar coa liña de traballo desempeñada polo anterior director, Luis Zarauza.

Así, Raúl Suárez manterá o perfil investidor levado a cabo nos últimos anos no ámbito da distribución eléctrica e destacou que “focalizaremos os recursos no robustecemento das infraestruturas, impulsando tamén a innovación e aplicación de novas tecnoloxías que permitiron conseguir unha mellora de máis do 44% nos indicadores de calidade do servizo nos últimos 10 anos”.

Raúl Suárez é enxeñeiro superior de Caminos, Canles e Portos pola Universidad Politécnica de Madrid e ten varios posgraos en dirección de negocios enerxéticos. Inicia a súa carreira no Grupo no ano 2000 desenvolvendo a súa actividade en Proxectos e Construción de Distribución Eléctrica en España e Nicaragua. Posteriormente, continúa a súa andaina laboral no ámbito do Desenvolvemento de Redes para, entre 2009 e 2014, exercer as funcións de responsable de Proxectos e Loxística na Dirección de Servizos Compartidos de Negocios Regulados de GAS NATURAL FENOSA. A principios de 2014 asume a dirección de Gas Natural Andalucía, distribuidora da multinacional enerxética nesa comunidade autónoma, para pasar a dirixir a Xestión do Sistema de Distribución Gas España, posto que ocupaba ata o momento.

Unión Fenosa Distribución

A distribuidora eléctrica de GAS NATURAL FENOSA é o terceiro operador español, está presente en Galicia, onde é o maior distribuidor de electricidade, Madrid, Castela-A Mancha e Castela e León. Unión Fenosa Distribución investiu máis de 750 millóns de euros no trienio 2015-2017 co obxectivo de reforzar a rede e mellorar a calidade de subministración.

A peche de 2017, a compañía contaba con 3.720.000 puntos de subministración (3.720.509), cun incremento neto anual de 18.602 puntos. Así mesmo, o 96% dos contadores instalados son intelixentes e o 94% da facturación realizouse de forma remota.

O Tempo de Interrupción Equivalente á Potencia Instalada (TIEPI) foi de 47 minutos, o que a sitúa como unha das distribuidoras con mellor calidade de subministración en Europa.

Proxecto SEDA

Unión Fenosa Distribución desenvolveu durante o pasado exercicio 15 iniciativas que conforman o proxecto SEDA, Segovia Distribución Avanzada. SEDA é un proxecto pioneiro en España que ten tres obxectivos prioritarios: ofrecer novos servizos aos clientes, reforzar a calidade da subministración e informar en tempo real do estado da rede.

Estas iniciativas diríxense a automatizar a xestión da rede eléctrica de media e baixa tensión, as máis próximas ao punto de consumo; mellorar a monitorización das liñas e centros de transformación; analizar os datos que os novos contadores intelixentes recollen e ofrecer máis información e novos servizos aos usuarios que estean conectados a estas redes.

Nos últimos anos, a filial de GAS NATURAL FENOSA despregou en Segovia a tecnoloxía necesaria para converter a rede eléctrica da cidade nunha infraestrutura intelixente. Case o 100% do seu parque de contadores domésticos, 34.340, son intelixentes e durante os últimos anos xa actuamos sobre 225 centros de transformación, nos que instalamos os equipos de supervisión e automatización necesarios para monitorizar a rede e transmitir os datos aos sistemas de información da compañía.

Ámbito e tema:  Corporación Nomeamentos

Madrid, 9 de febreiro de 2017

Raúl Suárez, nou director d’Unión Fenosa Distribución

Raúl Suárez, novo director de Unión Fenosa Distribución.

rgpdactive true

argssite - CORP