Gas Natural Fenosa protexe máis de 30.000 persoas en situación de vulnerabilidade no último ano - Naturgy - Sala de prensa

Gas Natural Fenosa protexe máis de 30.000 persoas en situación de vulnerabilidade no último ano


  • Grazas á colaboración cos servizos sociais dos municipios e as entidades sociais, garantiuse a subministración a máis de 30.000 familias vulnerables.
  • A compañía enerxética xestionou 85.000 chamadas relacionadas con posibles casos de pobreza enerxética a través do teléfono específico para axudar aos seus clientes en situación de vulnerabilidade (900 724 900).
  • GAS NATURAL FENOSA atendeu máis de 125.000 xestións relacionadas con situacións de vulnerabilidade, a través das distintas canles para axudar aos seus clientes, entidades do terceiro sector e servizos sociais.
  • A Fundación GAS NATURAL FENOSA, a través da Escola de Enerxía, formou máis de 1.360 persoas en distintas cidades de España en 2017.

GAS NATURAL FENOSA, durante o primeiro ano de funcionamento do seu Plan de Vulnerabilidade, garantiu a subministración a máis de 30.000 familias en toda España a través de medidas como o aprazamento do pagamento, a colaboración con servizos sociais para a identificación dos clientes vulnerables ou a xestión do bono social. Grazas ao teléfono especifico (900 724 900) que a compañía habilitou para axudar aos seus clientes en situación de vulnerabilidade, GAS NATURAL FENOSA atendeu 85.000 chamadas relacionadas con posibles casos de pobreza enerxética.

“A compañía intensificou a súa atención ao colectivo vulnerable, así como a súa relación cos servizos sociais para evitar situacións de risco para os seus clientes”, explicou o director de Servizo ao Cliente, Josep Codorniu.

Durante o 2017, a compañía atendeu máis de 125.000 xestións relacionadas con situacións de vulnerabilidade a través das distintas canles que ten abertas para axudar aos seus clientes e que van dirixidas aos propios usuarios, ás entidades do terceiro sector e aos servizos sociais dos concellos.

Na actualidade, GAS NATURAL FENOSA conta con acordos con administracións de toda España que permiten dar cobertura ao 94% dos seus clientes no país.

A Fundación, unha canle esencial

Dentro do paquete de 20 medidas previstas no plan, existen varias accións impulsadas pola Fundación GAS NATURAL FENOSA que permitiron amplificar as iniciativas da compañía en toda España.

“Dende a Fundación, queremos seguir achegando a nosa axuda á sociedade, tanto de xeito directo coma a través da formación de voluntarios e profesionais”, explicou o director xeral da Fundación, Martí Solà.

En liña con estas dúas novas unidades, GAS NATURAL FENOSA activou un número de teléfono gratuíto para atender clientes en situación de vulnerabilidade (900 724 900).

Unha das iniciativas con maior repercusión no último ano foi a Escola de Enerxía. Esta ferramenta realizou máis de 130 xornadas en 2017 que permitiu dar formación a 1.360 persoas en toda España. En total, facilitáronse preto de 350 horas formativas para usuarios e empregados sociais enfocadas a entender as facturas de luz e gas, así como dar consellos de eficiencia enerxética para potenciar o aforro no fogar.

A Fundación tamén levou a cabo acordos con entidades do terceiro sector, como Cruz Vermella e Cáritas, co obxectivo de impulsar a colaboración con estas e acompañalos nos seus labores de atención e seguimento de familias vulnerables.

Por outro lado, GAS NATURAL FENOSA puxo recentemente en marcha un programa de Voluntariado Enerxético dirixido aos seus empregados para que poidan dedicar unha porcentaxe de horas laborables ao asesoramento enerxético de clientes da compañía.

Plan de Vulnerabilidade Enerxética

O Plan de Vulnerabilidade Enerxética de Gas Natural Fenosa foi o primeiro plan destas características posto en marcha por unha compañía enerxética en España, co obxectivo de sistematizar a xestión dos clientes vulnerables e fortalecer a colaboración coas entidades do terceiro sector e a comunicación cos servizos sociais.

Conta cun investimento anual de 4,5 millóns de euros e máis dunha vintena de medidas para atender aqueles casos de clientes que poidan encontrarse en situación de vulnerabilidade e adaptar a xestión administrativa ás súas necesidades.

A Fundación Gas Natural Fenosa

A Fundación Gas Natural Fenosa, fundada en 1992 pola compañía enerxética, ten como misión a difusión, formación, información e sensibilización da sociedade en temas de enerxía e medio ambiente. Tamén desenvolve programas de Acción Social tanto no ámbito nacional como internacional, incidindo especialmente en actuacións destinadas a paliar a vulnerabilidade enerxética. No ámbito cultural, promove accións orientadas tanto á preservación e difusión do patrimonio histórico do sector do gas e a electricidade.


Ámbito e tema: Clientes, Fundación Naturgy


 
Barcelona, 16 de marzo de 2018

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.

argssite - CORP