Gas Natural Fenosa realizará unha proba de sirenas nas presas de Villagudín e San Cosmade dentro do Plan de emerxencias das instalacións - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Gas Natural Fenosa realizará unha proba de sirenas nas presas de Villagudín e San Cosmade dentro do Plan de emerxencias das instalacións


  • A sirena soará os días 21 e 22 de febreiro, mércores e xoves, entre as 9:00 e as 18:00 horas nas proximidades das presas de Villagudín e San Cosmade (concello de Cerceda, Ordes e Tordoia).

  • A compañía enerxética, xunto coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia e Augas de Galicia, está a acometer a implantación dos Plans de emerxencia nas presas que xestiona dentro das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra.

GAS NATURAL FENOSA realizará os próximos 21 e 22 de febreiro, mércores e xoves, a proba acústica das sirenas instaladas nas presas de Villagudín e San Cosmade. As sirenas serán audibles, entre as 9:00 e as 18:00 horas, nas proximidades das presas, nos municipios de Cerceda, Ordes e Tordoia (A Coruña). Xa que unicamente se trata dunha proba, a poboación non deberá realizar ningunha acción especial ao escoitala e poderá continuar normalmente coas súas actividades.

A compañía enerxética, xunto coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia e Augas de Galicia, está a acometer a implantación dos Plans de emerxencia nas presas que xestiona dentro das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, en cumprimento co que se establece na Planificación de Protección Civil ante o risco de inundacións.

O obxectivo dos devanditos plans de emerxencia é o de incrementar as garantías de seguridade que xa de seu ofrecen as presas. Afectan a numerosos aspectos e establecen diversos procedementos para levar a cabo no suposto de que se produzan incidencias no normal funcionamento das instalacións. Dentro das medidas que establece o Plan de emerxencia, inclúese a instalación dunha rede de sirenas dentro da zona de influencia das presas, cuxo labor será o de alertar a poboación en caso necesario.

Estanse desenvolvendo actuacións semellantes en toda España e GAS NATURAL FENOSA xa ten implantados oito plans de emerxencia de presas plenamente operativos.


Ámbito e tema: España, Outros

 
Velle, 20 de febreiro de 2018

rgpdactive true

argssite - CORP