Gas Natural Fenosa realizou hoxe unha emisión de bonos de 850 millóns de euros a 10 anos - Naturgy - Sala de prensa

Gas Natural Fenosa realizou hoxe unha emisión de bonos de 850 millóns de euros a 10 anos

 
  • A emisión realizouse cun cupón do 1,5% cunha demanda superior a 2.300 millóns de euros.
  • En paralelo á devandita emisión, lanzouse unha oferta de recompra de bonos, cuxo resultado se coñecerá o 23 de xaneiro deste ano.
  • Ambas as dúas operacións enmárcanse dentro dun proceso continuo de optimización da débeda financeira.


GAS NATURAL FENOSA pechou hoxe unha emisión de bonos por un importe de 850 millóns de euros e vencemento en xaneiro de 2028. Esta emisión fixouse cun cupón anual do 1,5%. O prezo de emisión dos novos bonos é dun 98,937% do seu valor nominal.

A emisión, lanzada esta mañá dentro do programa Euro Medium Term Notes (EMTN), foi sobresubscrita en máis de 2,5 veces e recibiu ordes de máis de 130 investidores institucionais de 24 países.

O desembolso desta operación está previsto o próximo día 29 de xaneiro de 2018.

Así mesmo, Citigroup Global Markets Limited lanzou hoxe unha oferta de recompra de bonos de GAS NATURAL FENOSA con vencementos entre 2019 e 2023, cuxo resultado se coñecerá o 23 de xaneiro deste ano.

Está previsto que os novos bonos, en todo ou en parte, sexan permutados polos bonos de GAS NATURAL FENOSA que foran finalmente adquiridos por Citigroup Global Markets Limited.

De acordo coa política financeira da compañía, “GAS NATURAL FENOSA realiza constantemente unha revisión da súa estrutura financeira co obxectivo de incrementar a liquidez e ampliar a vida media da débeda financeira, así como reducir os custos de financiamento con boa resposta por parte dos mercados”, remarcou o director xeral Económico Financeiro da compañía, Carlos J. Álvarez.

Ámbito e tema: España, Corporación, Económico financeiro

 Madrid, 16 de xaneiro de 2018

rgpdactive true

IDSFACTURA - NATURGYFACTURA

IDSPAGE - 1477680800087

argssite - CORP