Gas Natural Fenosa valora positivamente a futura entrada de CVC e Corporación Financiera Alba no seu conxunto de accionistas - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Gas Natural Fenosa valora positivamente a futura entrada de CVC e Corporación Financiera Alba no seu conxunto de accionistas


  • A compañía enerxética destaca o importante apoio e colaboración mantida con Repsol, un dos seus accionistas de referencia dende 1989.
  • GAS NATURAL FENOSA valora moi positivamente a futura incorporación de CVC, e de Corporación Financiera Alba, ao seu conxunto de accionistas, que significa un recoñecemento á capacidade de creación de valor da compañía.
  • Repsol comunica á compañía enerxética a renuncia á súa condición de conselleiros dos Sres. Josu Jon Imaz e Miguel Martínez, con data de efectos de hoxe.


En relación coa venda da súa participación anunciada esta mañá por Repsol, o grupo GAS NATURAL FENOSA quere remarcar a excelente colaboración e apoio que mantivo con Repsol, accionista de referencia da compañía dende o ano 1989, así como con todos os membros do Consello de administración nomeados a proposta súa, e moi especialmente co seu presidente, Antonio Brufau, que tamén foi presidente de GAS NATURAL FENOSA dende 1997 ata 2004.

Da mesma forma, GAS NATURAL FENOSA valora moi positivamente a futura incorporación de CVC e de Corporación Financiera Alba ao seu conxunto de accionistas, que significa un recoñecemento á capacidade de creación de valor da compañía.

A compañía está convencida de que a nova estrutura accionarial en GAS NATURAL FENOSA reforzará as liñas estratéxicas que se desenvolverán nos próximos anos para posicionala como un dos principais actores enerxéticos a ámbito mundial.

Conselleiros de Repsol

A compañía enerxética recibiu hoxe a carta de renuncia á súa condición de conselleiros dos Sres. Josu Jon Imaz San Miguel e Miguel Martínez San Martín con data de efectos de hoxe.

Así mesmo, recibiu un escrito de Repsol, S.A. no que lle comunica o seu interese en que, para cubrir as vacantes orixinadas, poidan ser nomeados conselleiros dominicais de Repsol os Sres. Iñigo Alonso de Noriega Satrústegui e Guillermo Llopis García. As decisións relativas a esta cuestión incluiranse na orde do día da próxima sesión ordinaria do Consello de administración da compañía.


Ámbito e tema:  Corporación, Outros

Madrid, 22 de febreiro de 2018
 

rgpdactive true

argssite - CORP