Global Power Generation (Grupo Naturgy) comeza a operación comercial de dúas novas plantas fotovoltaicas en Brasil

 

  • Naturgy, a través de Global Power Generation (GPG), a súa filial de xeración internacional de enerxía eléctrica, comezou, con data efectiva o 12/12/2018, a operación comercial das plantas solares de Guimarânia I e II, de 82 MWp de potencia, situadas no estado de Minas Gerais
  • A compañía investiu máis de 95 millóns de euros no desenvolvemento destas dúas infraestruturas fotovoltaicas, que permitirán a xeración de 162 GWh anuais.


GPG, filial de xeración internacional de Naturgy, deu comezo á explotación comercial das plantas solares de Guimarânia I e II tras sete meses de construción e case un mes de adianto sobre o programa contractual.

Con estes novos parques, GPG consolida a súa presenza renovable en Brasil con máis de 150 MW en xeración solar tras o éxito que supuxo o ano pasado a construción das plantas de Sobral e Sertao no estado de Piaui.

Estas novas plantas supuxeron un investimento de máis de 95 millóns de euros nunha extensión de terreo de 143 ha e marcaron un novo récord no prazo de execución dos seus máis de 250.000 paneis manufacturados en Brasil (29%) e China (71%)

A produción anual esperada das plantas é de 162 GWh, suficiente para abastecer máis de 80.000 fogares e evitar a emisión de case 100.000 toneladas de CO2 á atmosfera

Estas plantas levan asociadas un acordo de venda de enerxía xerada (PPA) con CCEE (Câmara de Comercialização de Energia Elétrica) durante 20 anos, a un prezo aproximado de 76 €/MWh.

Sobre Global Power Generation (GPG)

Global Power Generation (GPG) é a filial de Naturgy Energy Group dedicada a xeración internacional, participada cun 25% por Kuwait Investment Authority (KIA), o fondo soberano máis antigo do mundo. A participación de KIA en GPG xestiónase a través de Wren House Infrastructure Management, a súa plataforma de investimento directo en infraestruturas. GPG xestiona unha capacidade instalada de 4.000 MW e ten un equipo formado por uns 800 profesionais.


Ámbito e tema:  Internacional
, XeraciónRenovables
 
Madrid, 27 de decembro de 2018
 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.