GPG (Grupo Naturgy) e Vision pechan un acordo de financiamento para a construción dun parque eólico de 180 MW en Australia - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

GPG (Grupo Naturgy) e Vision pechan un acordo de financiamento para a construción dun parque eólico de 180 MW en Australia

  • GPG (Grupo Naturgy) e Vision pechan un acordo de financiamento para a construción dun parque eólico de 180 MW en Australia
  • Naturgy, a través de Global Power Generation (GPG), a súa filial internacional de xeración eléctrica, pechou un financiamento de ata 284 millóns de dólares australianos (176 millóns de euros) para completar o desenvolvemento do parque eólico Berrybank, cuxos traballos se iniciaron o pasado mes de xaneiro.
  • O proxecto eólico Berrybank foi adxudicado á compañía o pasado mes de agosto e está situado no estado de Victoria, a uns 150 km de Melbourne.

GPG, a filial internacional de xeración eléctrica de Grupo Naturgy, pechou un acordo de financiamento por valor de ata 284 millóns de dólares australianos (176 millóns de euros) con VISION, vehículo de financiamento de proxectos eólicos terrestres lanzado en colaboración entre investidores institucionais asesorados por JP Morgan Asset Management (JPMAM) e Vestas Wind Systems.

A cantidade será destinada á construción do proxecto eólico Berrybank. O parque, que conta cunha capacidade de 180 MW, está situado no estado australiano de Victoria e prevese que entre en operación no segundo trimestre de 2020. Unha vez conectado á rede, será un dos maiores parques eólicos desta rexión australiana.

Berrybank fue adjudicado a GPG en la última subasta de energía renovable convocada por el estado de Victoria. La adjudicación contempla un acuerdo de venta de energía por 15 años con el mencionado estado australiano.

VISION proporcionará o 100% do financiamento, que será destinado á fase de construción do proxecto e obtivo xa as correspondentes aprobacións regulatorias.

Sobre Global Power Generation (GPG)

Global Power Generation (GPG) é a filial de Naturgy Energy Group dedicada a xeración internacional, participada cun 25% por Kuwait Investment Authority (KIA), o fondo soberano máis antigo do mundo. A participación de KIA en GPG xestiónase a través de Wren House Infrastructure Management, a súa plataforma de investimento directo en infraestruturas. GPG xestiona unha capacidade instalada de 4.000 MW e ten un equipo formado por uns 800 profesionais.

Sobre VISION

VISION é un vehículo de financiamento que proporciona liquidez para a construción de novos proxectos eólicos e, posteriormente, recicla o capital en novas oportunidades á medida que os proxectos se completan, facendo posible, desta forma, un importante impulso á tecnoloxía eólica terrestre.

Ámbito e tema:  Internacional, Renovables
 
Madrid, 23 de maio de 2019

rgpdactive true

argssite - CORP