Construímos o futuro xuntos?
Mantemos unha actitude aberta e innovadora para identificar oportunidades e desenvolver novos modelos de negocio que atendan as demandas do mercado e dos clientes. Naturgy favorece o emprendemento, tanto dentro da compañía coma en colaboración con universidades, start-ups, organismos de investigación, emprendedores ou Administracións públicas.
Grandes iniciativas de Innovación aberta
Trátase dunha iniciativa de innovación aberta multisectorial en Europa, impulsada por Aigües de Barcelona, CaixaBank, Naturgy, SEAT e Telefónica, coa ambición de encontrar as mellores start-ups coas que desenvolver solucións tecnolóxicas para resolver desafíos de negocio. Queremos ser os primeiros en adoptar tecnoloxías que impacten nos nosos consumidores.
Madrid in Motion é unha iniciativa de Barrabés.biz para dar resposta ao gran desafío da mobilidade urbana. Nela colaboran tanto institucións ou empresas públicas, como o Concello de Madrid ou EMT Madrid, ademais de empresas multisectoriais como Naturgy, Mastercard, Ferrovial, Santander, Hochtief, Repsol, Cabify e Cepsa.
Conxuntamente con Innoenergy, que promove a integración das áreas de educación, negocio e emprendemento para fortalecer a cultura da innovación. Esta iniciativa apoia o emprendemento en enerxías limpas para transformar os proxectos en realidades empresariais.
Outras participacións
Tamén participamos en eventos de innovación con start-ups, tales como South Summit, Web Summit, Start-up Olé e Slush.