Joaquín Mendiluce, director de Novos Negocios de Naturgy, nomeado presidente de Gasnam - Naturgy - Sala de prensa

Joaquín Mendiluce, director de Novos Negocios de Naturgy, nomeado presidente de Gasnam


  • A Xunta Directiva da Asociación Ibérica de Gas Natural e Renovable para a Mobilidade (Gasnam) aprobou hoxe a elección de Joaquín Mendiluce en substitución de José Ramón Freire, que ocupaba o cargo dende 2013. 

O director de Novos Negocios de Naturgy, Joaquín Mendiluce, foi nomeado hoxe presidente da Asociación Ibérica de Gas Natural e Renovable para a Mobilidade (Gasnam). A Xunta Directiva da organización ratificou hoxe o seu nomeamento como presidente, en representación de Naturgy e en substitución de José Ramón Freire, que ocupaba o cargo dende a fundación da asociación en 2013.

Joaquín Mendiluce é licenciado en Dereito e en Económicas pola Universidad de Navarra e licenciado en Finanzas por L'Ecole Superior de Commerce de Poitiers, ademais conta cun Global Executive MBA por Georgetown e un Executive MBA polo Instituto de Empresa.

A súa carreira profesional comezou en Accenture e posteriormente se incorporou a Gas Natural Fenosa (agora Naturgy), onde durante 14 anos desempeñou os seguintes cargos: Director de Accesos, Ingresos e Compras de Distribución de Gas Natural; director de Planificación de Negocios Regulados de Gas Natural; director de Servizos compartidos de Distribución de Gas Natural Fenosa; director xeral de Gas Natural Europe e director xeral de Gas Natural Comercializadora. Na actualidade é director de Novos Negocios de Naturgy.

Sobre Naturgy

Naturgy é un grupo multinacional líder no sector da enerxía, pioneiro na integración de gas e electricidade en España e América latina. A compañía conta actualmente con preto de 18 millóns de clientes, unha capacidade instalada de 15,4 MW e un mix diversificado de xeración eléctrica. Así mesmo, é un dos maiores distribuidores de gas natural en América latina.

A compañía, cunha traxectoria de máis de 175 anos, compite de forma eficiente nos mercados nos que está presente dentro do crecente proceso de integración, globalización e aumento de competencia. Naturgy traballa actualmente para despregar os obxectivos do seu Plan Estratéxico 2018-2022, centrado na creación de valor e en converterse nun actor enerxético de primeira orde a ámbito internacional.

Sobre Gasnam

Gasnam é a asociación ibérica fundada co obxectivo de fomentar o uso do gas natural e o gas renovable na mobilidade, tanto terrestre coma marítima, na Península Ibérica. Actualmente conta con 125 socios de múltiples sectores: enerxía, automoción, enxeñaría, transporte de mercadorías e viaxeiros, portos, navieiras, estaleiros, universidades e administracións.


Ámbito e tema: EspañaNomeamentos


 
Madrid, 18 de outubro de 2018

rgpdactive true

argssite - CORP