Naturgy conmemora o seu 175 aniversario cun concerto de música clásica no Teatro Real presidido pola súa maxestade o rei


Naturgy conmemorou onte o 175 aniversario da compañía cun concerto de música clásica no Teatro Real, de Madrid, presidido pola súa maxestade o rei.

Filipe VI estivo acompañado polo presidente da compañía enerxética, Francisco Reynés, así como o Consello de administración e o Comité de Dirección de Naturgy. A Orquestra Sinfónica de Madrid, dirixida por Inma Shara, interpretou distintas sinfonías de recoñecidos compositores, así como pezas clásicas xunto a tres tenores de prestixio.

Ao concerto asistiron máis dun milleiro de convidados.

Ámbito e tema: CorporaciónOutros
Madrid, 10 de xaneiro de 2019.
Concerto de música clásica Naturgy 175 aniversario

A S. M. o rei, Filipe VI (no centro da imaxe), acompañado do presidente de Naturgy, Francisco Reynés; a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; a ministra de Industria e Turismo, Reyes Maroto; o ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque; o presidente da Comunidade de Madrid, Ángel Garrido; así como doutras autoridades e membros do Consello de administración e do Comité de Dirección da compañía enerxética.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.