Naturgy convértese no primeiro socio promotor da Asociación Española del Hidrógeno - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Naturgy convértese no primeiro socio promotor da Asociación Española del Hidrógeno

  • Con este paso, estreitará a colaboración entre a Asociación Española del Hidrógeno (AeH2) e Naturgy no desenvolvemento de actividades de promoción, innovación e desenvolvemento no ámbito desta enerxía.
  • A aposta de Naturgy polo despregamento de enerxías limpas e renovables ganará unha maior visibilidade como parte das vantaxes de converterse en socio promotor da AeH2.


Naturgy, membro da Asociación Española del Hidrógeno (AeH2), converteuse no primeiro socio promotor desta mostrando o seu forte compromiso co desenvolvemento do gas renovable e do hidróxeno. Con este paso, ambas as dúas organizacións estreitan a súa colaboración en materia de innovación, desenvolvemento e uso do hidróxeno, promovendo así a implantación destas tecnoloxías.

Pola súa banda, a Asociación Española del Hidrógeno, organización sen ánimo de lucro, continúa avanzando no seu principal obxectivo: fomentar o desenvolvemento das tecnoloxías do hidróxeno como vector enerxético e promover a súa utilización en aplicacións industriais e comerciais.

Grazas a este acordo, Naturgy contará cunha serie de beneficios e dereitos adicionais como socio promotor, como a difusión destacada de noticias, actividades e proxectos da entidade relacionado co sector hidróxeno, descontos especiais e participación preferente nos relatorios e xornadas organizadas pola AeH2, apoio nas accións de comunicación externa relacionadas coas tecnoloxías do hidróxeno, así como colaboración puntual en temas relacionados cos obxectivos da Asociación.

As tecnoloxías do hidróxeno e das pilas de combustible contribúen de xeito significativo á descarbonización dos principais sectores da economía, polo que o hidróxeno se perfila como un vector enerxético versátil e clave de futuro en Europa para lograr unha economía máis respectuosa co medio ambiente e libre de emisións.

Por esta razón, o feito de que Naturgy dea un paso á fronte e se converta no primeiro socio promotor constitúe un grande avance, xa que mostra a aposta do sector polas tecnoloxías do hidróxeno. Así, AeH2 ofrece ás entidades líderes en España un medio adicional para potenciar este liderado e a boa imaxe asociada a este, que repercutirá nunha maior visibilidade e impacto, conseguindo mellores resultados no sector. Javier Brey, presidente de AeH2, sinala que este compromiso de Naturgy ao converterse en socio promotor “servirá como impulso de todas as iniciativas que promovemos dende a Asociación Española del Hidrógeno, fomentando as diferentes actividades e proxectos e logrando unha maior difusión da importancia do hidróxeno como vector enerxético.”

Naturgy e o hidróxeno

O hidróxeno pode producirse a partir de diversas fontes para almacenarse e distribuírse ata os puntos de consumo (domésticos, industriais e en mobilidade de vehículos con pila de combustible) a través das redes de gas natural. A súa produción realízase vía electrólise utilizando preferentemente os excedentes de electricidade renovable (Green hydrogen) ou ben mediante reformado a partir de gas natural e captura do CO2 (Blue hydrogen). Ambas as dúas tecnoloxías, cun prometedor futuro e que en Europa se están a converter nunha realidade, permitirán a inxección de hidróxeno libre de emisións na rede de gas e supoñerán unha redución das emisións de CO2 tanto no sector enerxético coma no do transporte mediante o seu uso en mobilidade. Adicionalmente, a metanización deste hidróxeno co CO2, derivado de procesos de produción de biometano ou de usos da biomasa, xerará unha solución de emisións negativas.

A incorporación de cantidades crecentes de biometano e de hidróxeno na rede de gas natural é un obxectivo clave de Nedgia (a compañía distribuidora de gas do grupo Naturgy) para lograr a transición enerxética cara a fontes máis limpas de enerxía.

O hidróxeno será un elemento esencial na interconexión e flexibilidade das redes eléctrica e gasista, permitindo o intercambio de ambas as dúas enerxías mediante o Power to Gas (P2G), o Gas to Power (G2P) e o almacenamento estacional de grandes volumes na rede de gas natural que facilitará a xestionabilidade e optimización do sistema eléctrico.

Actualmente, Naturgy encóntrase traballando en dúas liñas principais de investigación no campo do transporte de hidróxeno nas redes de gas natural: a primeira é a inxección de hidróxeno en porcentaxes reducidas e a segunda é a metanización do hidróxeno con CO2 capturado para converterse en metano sintético, un produto que pode ser introducido na rede de gas natural sen limitación.

Por iso, esta nova figura de Naturgy como socio promotor de AeH2 cobra especial importancia e servirá para dinamizar os proxectos que a compañía leva tempo desenvolvendo co fin de lograr que os beneficios das tecnoloxías do hidróxeno repercutan en toda a sociedade.

Sobre Naturgy

Naturgy conta con preto de 18 millóns de clientes en 30 países e é unha das compañías multinacionais líderes no sector do gas e a electricidade, polo que é a principal compañía na distribución de gas natural na Península Ibérica. A empresa ofrece aos seus clientes solucións personalizadas co obxectivo de cubrir as súas necesidades enerxéticas, mellorando a súa competitividade a través da innovación, o compromiso coa eficiencia enerxética e a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

Sobre AeH2 (www.aeh2.org)

A Asociación Española del Hidrógeno (AeH2) é unha organización sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é fomentar o desenvolvemento das tecnoloxías do hidróxeno como vector enerxético e impulsar a súa utilización en aplicacións industriais e comerciais. Trátase dunha entidade que dende 2002 promove tanto os beneficios medioambientais coma o impulso industrial que, a longo prazo, se derivarían do uso do hidróxeno como portador de enerxía.

AeH2 está formada por un grupo de empresas, institucións públicas e privadas, e persoas, que comparten o seu interese por alcanzar o fin principal da asociación. Dentro das iniciativas que promove AeH2 encóntrase a Plataforma Tecnolóxica Española do Hidróxeno e das Pilas de Combustible (PTE HPC), un proxecto amparado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (MEIC).

Ámbito e tema:  España,   Fundación Naturgy
Madrid, 5 de xuño de 2019

rgpdactive true

argssite - CORP