Naturgy inaugura a primeira estación pública de subministración de gas natural para vehículos en Mataró - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Naturgy inaugura a primeira estación pública de subministración de gas natural para vehículos en Mataró


  • A estación está situada no polígono industrial Les Hortes, no que se sitúan empresas con grandes frotas e concesionarios das principais marcas con vehículos propulsados por Gas Natural Comprimido (GNC).

Naturgy inaugurou a primeira estación pública de subministración de gas natural para vehículos na cidade de Mataró. Encóntrase no polígono industrial de Les Hortes, situación estratéxica pola proximidade con concesionarios das principais marcas que comercializan vehículos propulsados por GNC e empresas con grandes frotas.

 
Así mesmo, esta estación dota dun novo punto de recarga á bisbarra do Maresme e, dada a súa situación estratéxica, ao pé da autoestrada C-32, permite dar servizo aos vehículos que se desprazan pola costa.
 
Esta estación de subministración de gas natural en Mataró súmase ás outras 6 gasineiras que Naturgy xestiona na provincia de Barcelona: tres en Barcelona (Bon Pastor, Marenostrum-Litoral e Zona Franca), L'Hospitalet de Llobregat, Santa Perpètua de Mogoda e Viladecans.

Plan de fomento da mobilidade de Naturgy
 
A posta en marcha desta nova estación de subministración de gas natural enmárcase no proxecto de fomento da mobilidade da compañía, cuxo obxectivo é potenciar a utilización do gas natural como combustible como a mellor alternativa sostible fronte aos combustibles fósiles derivados do petróleo.
 
Esta nova estación pública de subministración de gas natural supón para Naturgy un paso máis no seu compromiso por avanzar na transición a modelos de enerxías limpas no transporte que contribúan a mellorar a calidade do aire e, polo tanto, a saúde das persoas.
 
O novo mapa de puntos de recarga de gas natural vehicular en España permitirá atender o aumento da demanda nos próximos anos e reforzar a dispoñibilidade deste combustible no mercado, dado o incremento que están a experimentar os vehículos propulsados con gas natural.

Vantaxes do gas natural como combustible 
 
O gas natural vehicular en automoción ten numerosas vantaxes tanto ecolóxicas coma económicas. É un combustible respectuoso co medio ambiente que contribúe á mellora da calidade do aire como consecuencia das súas moi baixas emisións. Os vehículos que utilizan este combustible teñen a etiqueta ECO da Dirección Xeral de Tráfico, polo que se benefician de libre accesibilidade ao centro das cidades en episodios de alta contaminación, de incentivos fiscais e bonificacións en zonas de estacionamento regulado, entre outras.
 
O gas natural vehicular reduce en máis dun 85% as emisións de óxidos de nitróxeno e en case o 100% as partículas en suspensión, principal causa de problemas respiratorios e cardíacos derivados da contaminación en contornas urbanas. Tamén diminúe ata un 30% as emisións de CO2, principal gas de efecto invernadoiro, polo que contribúe á loita contra o cambio climático.
 
No que respecta ao plano económico, o gas natural é un combustible moi competitivo, ata un 50% máis barato que a gasolina e un 30% máis que o diésel. Valla como exemplo que con 20 euros de gas natural se podería percorrer o traxecto Madrid-Barcelona, case o dobre de distancia que cun coche de gasolina.

Ámbito e tema: EspañaGas natural vehicular

 
Mataró, 2 de maio de 2019

rgpdactive true

argssite - CORP