Naturgy lanza SuperPacks, a primeira oferta do sector enerxético que inclúe enerxía e servizos

  • A compañía lanzou hoxe os Superpacks Naturgy, uns paquetes que combinan enerxía e servizos de mantemento con tarifa plana.
  • Naturgy xa foi pioneira no sector co lanzamento da primeira tarifa plana de enerxía no ano 2012, que actualmente teñen contratada 338.000 clientes en España.
Naturgy lanzou hoxe a campaña dos Superpacks Naturgy, que supoñen a primeira incursión do sector enerxético na venda de paquetes combinados. Desta forma, os clientes poderán configurar packs “á medida” segundo as súas necesidades de mantemento e reparación de equipos, e de consumos de gas e electricidade, por un prezo fixo ao mes para todo o paquete.

Jose Luis Gil, director de Clientes e Mercados, sinala que “se trata dunha oferta novidosa que se entende moi ben ao estar xa presente en sectores como o das telecomunicacións (“paquetes de telefonía e televisión”, por exemplo). Naturgy convértese así na primeira enerxética que lanza esta proposta no sector, combinando diferentes produtos a un prezo estable. Queremos facilitar as cousas aos clientes, así de sinxelo. O noso interese é que eles se sintan cómodos e tranquilos ao poder planificar a enerxía da súa economía familiar e ao ter incluída a resposta ante unha avaría da instalación. Ademais, dámoslles vantaxes económicas por gozar de varios produtos”.

Tipos de Superpacks: dende 51 euros e personalizable 100%

A compañía definiu varias modalidades de Superpacks. Por exemplo, o SuperPack de luz estándar inclúe luz e reparacións urxentes de electrodomésticos e aire acondicionado por 51 € ao mes. Os Superpacks son personalizables, combinando servizos, luz e gas, en función das necesidades do cliente.

Estes produtos poden supoñer a un cliente que ten luz, gas e dous servizos un aforro de ata 176 euros ao ano con respecto aos mesmos produtos sen paquetizar.

Con esta iniciativa, a compañía volve innovar no sector enerxético tras o lanzamento, no ano 2012, da primeira tarifa plana de enerxía que, actualmente, teñen contratada 338.000 clientes.

Máis información: www.naturgy.es/hogar/luz_o_gas/contratar_luz_o_gas/superpacks

Ámbito e tema: ClientesEspaña
Madrid, 20 de maio de 2019

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.