Naturgy lidera o sector utilities do índice de sostibilidade FTSE4Good - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Naturgy lidera o sector utilities do índice de sostibilidade FTSE4Good

 
  • O índice analiza máis de 2.000 empresas e avalía 300 indicadores ambientais, sociais e de goberno corporativo
  • Naturgy alcanza a primeira posición mundial no ámbito utilities, que engloba as empresas de gas, auga e multiutilities cunha puntuación de 4,8 sobre 5
 

Naturgy foi recoñecida polo índice FTSE4GOOD, como a empresa máis sostible do supersector utilities, que agrupa as empresas de gas, auga e multiutilities. Este índice, que forma parte do FTSE Global Equity index, recoñecido a nivel mundial, analiza máis de 2.000 empresas e avalía máis de 300 indicadores ambientais, sociais e de goberno corporativo.

A puntuación global da compañía pasou de 4,3 na última avaliación de 2017 a 4,8 en xuño de 2018, sendo 5 a máxima puntuación posible. As áreas valoradas coa puntuación máxima foron, cambio climático, biodiversidade, estándares laborais, seguridade e saúde, dereitos humanos, xestión de riscos, anticorrupción, goberno corporativo e transparencia fiscal.

“Este resultado é un recoñecemento do compromiso da compañía coa sostibilidade e reforza a excelencia operacional e de xestión de Naturgy. Neste sentido, a compañía prevé afondar nestas liñas de traballo no marco do seu Plan Estratéxico 2018-2022 presentado recentemente en Londres” explicou Jordi Garcia Tabernero, director xeral de comunicación e relacións institucionais de Naturgy. “A compañía enteira está involucrada en implantar boas prácticas en sostibilidade, xestión corporativa e sensibilidade social,” engadiu Garcia Tabernero.

FTSE4Good Index

Periodicamente, a compañía analista líder mundial FTSE Russell elabora a serie FTSE4Good con máis de 15 índices de investimento en valores éticos.

Os criterios de inclusión en FTSE4Good son cada ano máis esixentes e fan referencia á sostibilidade medioambiental, ás relacións positivas cos grupos de interese, o respecto e promoción dos dereitos humanos, a garantía de bos estándares na cadea de valor e a loita contra a corrupción.

Este servizo de cualificacións de FTSE Russell axuda a promover estándares globais de responsabilidade corporativa e permite aos participantes do mercado integrar a sostibilidade nos seus investimentos, ademais de apoiar a transición cara a unha economía baixa en carbono.

Ámbito e tema: Corporación
, OutrosInternacional

Madrid, 18 de xullo de 2018

rgpdactive true

argssite - CORP