Naturgy mellora os seus resultados recorrentes no terceiro trimestre cun incremento do 10 % no EBITDA, que alcanza os 3.248 millóns de euros, e do 38 % no beneficio neto, que se sitúa en 877 millóns - Naturgy - Sala de prensa

Naturgy mellora os seus resultados recorrentes no terceiro trimestre cun incremento do 10 % no EBITDA, que alcanza os 3.248 millóns de euros, e do 38 % no beneficio neto, que se sitúa en 877 millóns


  • O Consello de Administración aproba un segundo dividendo a conta dos resultados do 2018 de 0,45 euros por acción, que se aboará o próximo 27 de novembro.
  • O crecemento comparable e recorrente estivo impulsado pola actividade en todas as Unidades de Negocio cuxa contribución ao EBITDA aumentou preto de 500 m €, excluíndo o impacto negativo pola depreciación de divisas.
  • O resultado contable, non comparable, queda distorsionado pola deterioración de activos que se contabilizou a peche do primeiro semestre, así como polos custos de captura de eficiencias, e por outros aspectos non recorrentes acontecidos este ano.
  • A compañía avanza nos seus compromisos en canto á política de dividendos: marca un dividendo total de 1,3 euros por acción con cargo ao exercicio 2018, un 30 % máis que en 2017.
  • A implementación do Plan Estratéxico 2018-2022, presentado en xuño, empeza a dar resultados: en tan só tres meses simplificáronse tanto a estrutura organizativa coma a de goberno corporativo; levouse a cabo un proceso de revisión de activos; creáronse dous comités globais (opex e capex) co obxectivo de afondar nos plans de eficiencia; renovouse o principal contrato de subministración do grupo con Sonatrach; avanzouse na optimización da estrutura de capital con emisións de débeda en moeda local nas filiais estranxeiras; e conseguíronse novas adxudicacións de plantas de xeración renovable en Australia e España.
  • Durante o período, o grupo investiu preto de 1.600 m € dos cales máis do 70 % se destinou a proxectos de crecemento orgánico e cumpren os estritos criterios de creación de valor do grupo.

Naturgy rexistrou un EBITDA recorrente de 3.248 millóns de euros, un 10 % máis nos nove primeiros meses do ano, e un beneficio neto, en termos recorrentes, de 877 millóns, un 38 % máis. Estes son os resultados conseguidos nos tres primeiros meses tras a presentación do novo Plan Estratéxico 2018-2022. O novo Plan está baseado en catro piares clave para a creación de valor: simplicidade e accountability, optimización e eficiencia, disciplina de investimento, e remuneración ao accionista.

O presidente da compañía, Francisco Reynés, sinalou que o terceiro trimestre é “o primeiro tras o lanzamento do noso Plan Estratéxico e os seus resultados avalan o compromiso do equipo executivo co seu cumprimento. Entre outros avances quero destacar a simplificación do goberno corporativo e da estrutura dos negocios e da corporación, o incremento do dividendo para os accionistas, o acordo alcanzado con Sonatrach en Alxeria, o lanzamento do plan de eficiencias, ou os investimentos de crecemento que se pecharon e que cumpren cos criterios mínimos de rendibilidade. Naturgy está claramente enfocada ao cumprimento das liñas estratéxicas presentadas ao mercado en xuño”.

Durante os últimos tres meses, a compañía progresou na súa transformación estratéxica. Por un lado, na simplicidade & accountability con, entre outros aspectos, a xestión da compañía a través de só catro áreas de negocio, a simplificación do comité de dirección, así como a redución do tamaño do Consello de Administración pasando de 17 a 12 membros.

Por outro lado, a optimización e eficiencia, entre cuxos principais fitos se encontran tanto o acordo de renovación dos contratos de subministración de gas con Sonatrach en Alxeria, en virtude do cal se estenden os prazos da subministración ata o ano 2030 e se logra contribuír á seguridade de subministración do mercado español. Outro fito destacable é o lanzamento do plan de eficiencias do Grupo que contribuirá a unha notable redución dos custos operativos durante o ano 2018. Para iso creáronse dous comités globais, o de Opex e o de Capex.

Asi mesmo, durante este período a compañía avanzou na optimización da estrutura de capital, amortizando toda a débeda bancaria a nivel corporativo e recomprando máis de 300 m € de bonos, así como emitindo débeda en moeda local naqueles negocios que operan fóra da área euro.

No que respecta á disciplina de investimento, cabe destacar entre outras operacións a adxudicación dun novo parque eólico en Australia á filial do grupo GPG e que significará un investimento de 166 millóns de euros. O desenvolvemento contará cunha potencia de 180 MW dentro dun acordo de compra de enerxía de 15 anos a unha tarifa regulada. O proxecto espérase que contribúa con un EBITDA de aproximadamente 22 millóns de euros ao ano unha vez que estea en pleno funcionamento. Ademais, Naturgy ten previsto un crecemento da súa capacidade renovable en España de máis de 200 MW neste ano.

Tamén é relevante sinalar o laudo sobre a planta de Damietta en Exipto emitido polo CIADI neste período, que fallou a favor de UFG (Unión Fenosa Gas), na que Naturgy é socia con Eni ao 50 %. A demanda responde á falta de subministración sufrida pola planta de Damietta dende 2012, que obrigou a parar a instalación.

Remuneración Accionista

No que se refire a outro dos aspectos clave do Plan Estratéxico, o compromiso coa remuneración ao accionista, a compañía aboará un segundo dividendo a conta de 0,45 €/acción con cargo aos resultados de 2018 o próximo 27 de novembro. Deste xeito, Naturgy ratifica o seu compromiso de retribuír cun dividendo total de 1,3 euros por acción con cargo ao exercicio 2018, un 30 % máis que en 2017. A partir deste 2018 a compañía comprometeuse a aumentar un mínimo do 5 % anual ata acadar os 1,59 euros por acción en 2022.

Disciplina de investimento

Durante os primeiros nove meses do ano, Naturgy investiu 1.593 millóns de euros, un 42 % máis que no mesmo período de 2017. Os investimentos de crecemento no período sumaron máis do 70 % do total, alcanzando os 1.153 millóns de euros (+97 %). Os investimentos de mantemento foron de 440 millóns.

Optimización estrutura de capital

A 30 de setembro, a débeda financeira neta de Naturgy acadou os 13.575 millóns de euros, o 10,4 % menos que a finais de 2017. Así, a ratio de Débeda Neta/EBITDA era de 3,4x a peche do terceiro trimestre, fronte ao 3,9x de peche de 2017, o que demostra o reforzo da solidez financeira da compañía durante os primeiros nove meses do ano.

No terceiro trimestre, Naturgy utilizou parte da súa caixa para amortizar débeda corporativa bancaria, incluídos 1.270 millóns denominados en euros e 390 millóns denominados en dólares.

Ademais, o pasado 19 de outubro, a compañía completou con éxito a recompra de bonos de 314 millóns de euros, con vencementos que van entre 2019 e 2021.

Naturgy segue co seu proceso de optimización asignando a cada unha das divisións de negocio o financiamento que requiran para aumentar a súa autonomía e aumentar a súa flexibilidade.

Resultados por negocios

Nos resultados presentados hoxe ao mercado, Naturgy mostra un crecemento significativo dos seus negocios, que se traduce nun EBITDA recorrente do grupo que alcanzou os 3.248 millóns (+10 %) e un beneficio neto recorrente de 877 millóns de euros (+38 %).

A 30 de setembro, a compañía rexistrou a nivel consolidado unhas perdas contables por valor de 3.040 millóns de euros, como resultado dun axuste de valor dos activos de 4.905 millóns executado no primeiro semestre do ano. Este efecto xa foi anunciado durante a presentación do plan estratéxico.

A evolución dos tipos de cambio entre xaneiro e setembro tivo un impacto negativo de 182 millóns de euros en EBITDA e afectou a todas as divisas nas que opera a compañía, principalmente o peso arxentino, así como o real brasileiro, o dólar e os pesos mexicano e chileno. O impacto sobre o beneficio neto da compañía foi de 80 millóns de euros, con especial incidencia do peso arxentino debido á hiperinflación que afecta á economía deste país.

Por unidades de negocio, Gas&Power, que crece en todas as súas actividades, rexistrou un EBITDA recorrente de 1.003 millóns de euros debido principalmente ao negocio internacional de GNL e a comercialización de gas, como consecuencia da renovación do acordo con Sonatrach e unha mellora nos prezos de comercialización.

O negocio de Infraestruturas EMEA mantívose estable durante os nove primeiros meses cun incremento do EBITDA recorrente ata os 1.357 millóns de euros. Cabe destacar o bo comportamento das redes eléctricas en España.

O resultado do negocio de Infraestruturas América do Sur (Chile, Arxentina e O Brasil, principalmente) viuse afectado pola evolución negativa do tipo de cambio que impactou en 132 millóns o EBITDA, que diminuíu ata os 656 millóns de euros en termos recorrentes.

No caso de Infraestruturas Norte Latinoamérica (México e Panamá) o impacto das divisas foi de 16 millóns no EBITDA, que alcanzou os 193 millóns de euros recorrentes.

Conta resultados consolidada

Reportado Recorrente
(€ millones) 9M18 9M17 Variación 9M18 9M17 Variación
Vendas netas 17.670 17.083 3,4% 17.786 17.064 4,2%
EBITDA 2.976 2.993 -0,6% 3.248 2.951 10,1%
Amortizacións e perdas por deterioración -5.537 -1.204 - -1.204 -1.204 0%
Deterioro perdas crediticias -119 -99 20,2% -107 -99 8,1%
EBIT -2.680 -1.690 - 1.937 1.648 17,5%
Resultado financeiro -474 -498 -4,8 -480 -498 -3,6%
Resultado método de participación -547 17 - 25 17 47,1%
Imposto sobre beneficios 858 -245 - -323 -236 36,9%
Resultado operacións interrompidas -11 89 - - - -
Participacións non dominantes -186 -260 -28,5% -282 -296 -4,7%
Resultado neto -3.040 793 - 877 635 38,1

Contribución ao EBITDA por actividades

Reportado Recorrente
(€ millones) 9M18 9M17 Variación 9M18 9M17 Variación
Gas & Electricidade 935 723 29,3% 1.003 678 47,9%
Infraestructuras EMEA 1.333 1.330 0,2% 1.357 1.344 1%
Infraestructuras LatAm Sur 505 680 -25,7% 656 680 -3,5%
Infreaestructuras LatAm Norte 194 207 -6,3% 193 207 -6,8%
Resto 9 53 -83% 39 42 -7,1%
TOTAL 2.976 2.993 -0,96% 3.248 2.951 10,1%


Link:


Kit de prensa


Ámbito e tema: Corporación
Económico financeiro 

 
Madrid, luns, 05 de novembro de 2018

rgpdactive true

IDSFACTURA - NATURGYFACTURA

IDSPAGE - 1477679921752

argssite - CORP