Naturgy obtén o liderado mundial no sector gas utilities do índice de sustentabilidade Dow Jones Sustainability Index - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Naturgy obtén o liderado mundial no sector gas utilities do índice de sustentabilidade Dow Jones Sustainability Index

 
  • A compañía enerxética renova por décimo cuarto ano consecutivo a súa permanencia neste índice, que inclúe as empresas do mundo con mellores prácticas en sustentabilidade.
  • Naturgy mantén tamén a súa presenza na variable europea deste índice, DJSI Europe.
 

Naturgy obtén o liderado mundial no sector Gas Utilities do Dow Jones Sustainability Index (DJSI), que inclúe as compañías do mundo con mellores prácticas en sustentabilidade. A compañía enerxética mantén a súa permanencia neste índice por decimo cuarto ano consecutivo e, unha vez máis, foi seleccionada tamén para a súa variante europea, o DJSI Europe.

En canto á puntuación, Naturgy obtivo unha puntuación global de 78 puntos sobre 100. A compañía obtivo a máxima puntuación do seu sector nas tres dimensións avaliadas: económica, medioambiental e social e nalgúns dos criterios avaliados, tales como Códigos de conduta, Seguridade da información e Ciberseguridade, Xestión da innovación, Oportunidades de mercado, Xestión da cadea de subministración, Estratexia climática, Informe medioambiental, Filantropía e Dereitos Humanos e Atracción e retención do talento, entre outros.

O Dow Jones Sustainability Index (DJSI), do que só forman parte un selecto grupo de empresas de todo o mundo, inclúe aquelas que acreditan un mellor posicionamento no cumprimento dos criterios de sustentabilidade e responsabilidade corporativa.

Naturgy atesoura tamén posicións destacadas noutros índices de sustentabilidade, como o liderado mundial no multisector de Utilities de FTSE4Good, no que está presente dende 2001; a máxima cualificación (AAA) da axencia MSCI, así como posicións relevantes nos índices de sustentabilidade Vigeo, Sustainalytics e Oekom.

Ámbito e tema: Corporación Medio ambiente e sostibilidade

Madrid, 13 de setembro de 2018

rgpdactive true

argssite - CORP