Naturgy, recoñecida como unha das 120 empresas máis sustentables do mundo nos índices Euronext Vigeo

  • A compañía enerxética incorpórase ao índice Euronext Vigeo World 120 e mantén a súa pertenza por quinto ano consecutivo nas súas variantes Euronext Vigeo Europe 120 e Euronext Vigeo Eurozone 120.
  • Estes recoñecementos confirman o compromiso de toda a compañía coa sustentabilidade.
 

Naturgy incorpórase ao índice Euronext Vigeo World 120, que acredita ás 120 compañías máis sustentables do mundo, e mantén a súa pertenza por quinto ano consecutivo nas súas variantes Euronext Vigeo Europe 120 e Euronext Vigeo Eurozone 120, que inclúen aquelas empresas máis avanzadas en materia de sustentabilidade en Europa e a Eurozona.

Na última edición dos índices Euronext Vigeo, Naturgy mellorou a súa valoración grazas á mellor avaliación de criterios, como compromiso coa comunidade, protección da biodiversidade, dereitos humanos e goberno corporativo. Isto demostra o compromiso de toda a compañía coa sustentabilidade e reforza a colaboración entre as diferentes áreas que traballan por un obxectivo común: ser unha empresa cun desempeño financeiro, social, medioambiental e de bo goberno á altura das expectativas dos grupos de interese.

Os índices Euronext Vigeo foron creados en 2012 por NYSE Euronext (NYX), un dos maiores grupos de intercambio de valores do mundo, e Vigeo —unha axencia de rating especializada en investimento socialmente responsable— que teñen en conta os tres piares do investimento responsable: asuntos sociais, medioambientais e de bo goberno.

As puntuacións baséanse en 38 criterios que inclúen: o respecto ao medio ambiente, os dereitos humanos e o recoñecemento do capital humano das empresas, as relacións cos grupos de interese (clientes, provedores, empregados, accionistas, etc.), o bo goberno e a ética e integridade empresarial dirixida á loita contra a corrupción. Vigeo avalía cada empresa de acordo con máis de 300 indicadores.

Naturgy, presente nos principais índices de sustentabilidade

Naturgy, grupo multinacional líder no sector da enerxía pioneiro na integración de gas e electricidade en España e América latina, está presente nos principais índices mundiais de sustentabilidade. A compañía enerxética foi recoñecida polo índice Dow Jones Sustainability Index (DJSI) como líder mundial do sector Gas Utilities; polo FTSE4GOOD como a empresa máis sustentable do supersector Utilities, que agrupa as empresas de gas, auga e multiutilities; e coa máxima categoría Gold Class no Anuario de Sustentabilidade de RobecoSAM.

Ámbito e tema: CorporaciónMedio ambiente e sostibilidade

Barcelona, 4 de decembro de 2018

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.