Nedgia Castilla-La Mancha e ASETIFE colaborarán na expansión do gas natural - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Nedgia Castilla-La Mancha e ASETIFE colaborarán na expansión do gas natural

 

  • A distribuidora do grupo Gas Natural Fenosa na rexión e a Asociación de Instaladores de Toledo manteñen o seu acordo para seguir formando os seus asociados.


Germán Jara, delegado de Nedgia Castilla-La Mancha en Toledo e Guadalaxara, e Antonio Pantoja, presidente da Asociación de Instaladores de Fluídos e Enerxía (ASETIFE) de Toledo, asinaron un convenio de colaboración para traballar de forma conxunta no desenvolvemento das infraestruturas de gas natural na rexión e en actividades para mellorar a información e formación dos axentes do sector.

A través deste acordo, ambas as dúas organizacións comprométense a levar a cabo accións para estender a distribución deste combustible e promover así o desenvolvemento enerxético sustentable na rexión. Para iso, a distribuidora expoñerá aos membros da asociación a evolución tecnolóxica e informática na que se encontra a actividade de expansión de novos puntos de subministración desta compañía, conseguida a través da implantación de medios telemáticos, e impartirá formación ao persoal de ASETIFE.

Ademais, realizaranse xornadas formativas nas que os asociados poidan coñecer cuestións técnicas e comerciais relacionadas co gas natural, a situación e evolución da expansión e alcance do ámbito da distribución deste combustible.

A asociación, pola súa banda, fomentará a concienciación das bondades do gas natural e a súa expansión a través de todos os sectores, incluídos os novos instaladores locais.

Presenza do gas natural en Toledo

NEDGIA Castilla-La Mancha, filial de NEDGIA —antiga Gas Natural Distribución—, conta cunha rede de distribución de case 1.700 quilómetros e case 74.000 puntos de subministración en 38 localidades toledanas. A ámbito rexional, xestiona máis de 267.000 puntos de subministración en 78 municipios e unha rede de distribución que supera os 4.100 quilómetros.

Actualmente, NEDGIA CLM dá subministración doméstico-comercial a Ajofrín, Alameda de la Sagra, Añover de Tajo, Bargas, Borox, Calera y Chozas, Cobeja, Cobisa, Consuegra, Esquivias, Fuensalida, Illescas, Madridejos, Magán, Mocejón, Mora, Nambroca, Noblejas, Numancia de la Sagra, Ocaña, Olías del Rey, Ontígola, Pantoja, Polán, Puebla de Almoradiel (La), Quintanar de la Orden, Seseña, Sonseca, Talavera de la Reina, Toledo, Torrijos, Valmojado, Villacañas, Villaluenga de la Sagra, Yébenes (Los), Yeles, Yuncler e Yuncos.

Ámbito e tema: España, Nedgia, Negocio gas
 
Toledo, 6 de marzo de 2018 
Antonio Pantoja, presidente de la Asociación de Instaladores de Fluidos y Energía (ASETIFE) de Toledo, y Germán Jara, delegado de Nedgia Castilla-La Mancha en Toledo y Guadalajara.

Antonio Pantoja, presidente da Asociación de Instaladores de Fluídos e Enerxía (ASETIFE) de Toledo, e Germán Jara, delegado de Nedgia Castilla-La Mancha en Toledo e Guadalaxara. . 

rgpdactive true

argssite - CORP