Nedgia Castilla-La Mancha e o Concello de Talavera reforzan lazos para impulsar o uso do gas na localidade - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Nedgia Castilla-La Mancha e o Concello de Talavera reforzan lazos para impulsar o uso do gas na localidade

 

  • Os responsables da distribuidora na rexión do Grupo Gas Natural Fenosa presentan ao alcalde a nova marca nun encontro no que trataron tamén os novos retos enerxéticos.

O alcalde de Talavera de la Reina, Jaime Ramos, e o director xeral de Nedgia Castilla-La Mancha, Miguel Martín de Pinto, mantiveron hoxe unha reunión de traballo no Concello desta localidade toledana á que asistiu tamén o delegado da compañía enerxética na provincia, Germán Jara.

No encontro, os responsables da distribuidora do grupo Gas Natural Fenosa presentaron ao rexedor talaverano a nova marca comercial Nedgia Castilla-La Mancha, que substitúe a Gas Natural Castilla-La Mancha, coa que a compañía abre unha nova etapa na que afrontan novos retos enerxéticos, o crecemento e a transformación da actividade da compañía na rexión.

No encontro, o responsable municipal e os representantes da empresa compartiron intereses comúns ligados á mellora de infraestruturas e servizos aos habitantes da localidade, e como poderían desenvolver conxuntamente proxectos ligados ao gas, para que máis talaveranos poidan acceder aos beneficios desta enerxía limpa e baixa en emisións de carbono.
Os responsables de Nedgia mostraron o seu convencemento en que o uso do gas natural será clave para mellorar a calidade do aire nas cidades e explicaron as accións emprendidas pola distribuidora gasista para impulsar o uso do gas natural vehicular no transporte de pasaxeiros e mercadorías, como xa acontece noutras localidades da rexión que dispoñen de transporte público máis limpo grazas a esta enerxía.

Ambas as dúas partes, finalmente, apostaron por manter no futuro a estreita relación actual para impulsar achegas técnicas e proxectos de responsabilidade social corporativa en Talavera.

Presenza do gas natural en Toledo

Nedgia Castilla-La Mancha, filial de Nedgia —antiga Gas Natural Distribución—, conta cunha rede de distribución de case 1.700 quilómetros e case 74.000 puntos de subministración en 38 localidades toledanas. A ámbito rexional, xestiona máis de 267.000 puntos de subministración en 78 municipios e unha rede de distribución que supera os 4.100 quilómetros.

Actualmente, Nedgia Castilla-La Mancha dá subministración doméstico-comercial a Ajofrín, Alameda de la Sagra, Añover de Tajo, Bargas, Borox, Calera y Chozas, Cobeja, Cobisa, Consuegra, Esquivias, Fuensalida, Illescas, Madridejos, Magán, Mocejón, Mora, Nambroca, Noblejas, Numancia de la Sagra, Ocaña, Olías del Rey, Ontígola, Pantoja, Polán, Puebla de Almoradiel (La), Quintanar de la Orden, Seseña, Sonseca, Talavera de la Reina, Toledo, Torrijos, Valmojado, Villacañas, Villaluenga de la Sagra, Yébenes (Los), Yeles, Yuncler e Yuncos.

Ámbito e tema: España, Nedgia, Negocio gas

 
Talavera de la Reina (Toledo), 18 de abril de 2018 

rgpdactive true

argssite - CORP